José Luis Trashorras Méndez, In Memoriam
Gregorio Montes, Antonio - martes, 30 de diciembre de 2008
Coido que se pode dicir del que era unha boa persoa.
Tiña 64 anos. Pero así non se lle fai xustiza: para a súa lembranza é necesario un punto de apoio E é difícil o facelo, era unha persoa discreta.
Foi compañeiro meu varios anos no IES Porta da Auga, ata a súa xubilación no 2004, provinte do C.P. Gregorio Sanz e doutros centros máis pequenos en lugares diversos da xeografía galega.
Ten publicado "El Camino de Santiago" no 2004, obra en verso e en castelán (como corresponde á súa especialidade) sobre o tema do camiño.
Foi alcalde de Ribadeo parte dun mandato ata o seu final no 1987, e en recoñecemento a ese feito as bandeiras están a media asta no concello. Á fronte da alcaldía promoveu o premio literario 'diadema de Ribadeo', que leva homenaxeado a varias xeracións de estudantes e visto nacer e medrar o interese de estudantes pola literatura, mesmo creado escritores.
En Ribadeo, ten sido pregoeiro do antroido no ano 1998 e tamén das festas patroais no ano 2000. Asemade, no 2001, e xa como fillo predilecto da súa Meira natal, foi o pregoeiro na súa terra.
Ten participado no Consello da Caixa Rural Provincial, sendo ademáis Secretario Xeral da caixa Rural Galega..
Discreto como viviu, así faleceu o 28 de decebro de 2008.

Gregorio Montes, Antonio
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora