Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pasiño a pasiño

jueves, 23 de marzo de 2023
Roma non se fixo nun día, nin en dous, nin en tres...
Así pasa co crecemento humano.
Hai momentos de máis avances e outros de menos.
Non cabe dúbida que nos últimos tempos os cambios son moitos e moi bruscos, algúns.
Unha persoa anciá do medio rural galego tocoulle adaptarse a unha morea de cambios, tales como:

-DE COCIÑAR NA LAREIRA A FACELO EN COCIÑAS DE AIRE.
Non cabe dúbida que as cociñas actuais son moito máis rápidas, moito máis limpas e moito máis cómodas.

-DE IR LAVAR Ó RÍO OU Ó LAVADOIRO PÚBLICO A LAVAR CON MÁQUINAS.
Naqueles tempos cambiábase a ropa unha vez por semana.
Actualmente cámbiase cada día.

-DE IR A PÉ: A FEIRAS, A ROMARÍAS E A MERCADOS, A IR EN COCHE Ó SUPERMERCADO DO LADO.
As criaturas daquel tempo camiñaban de boa gana para que lles mercaran algunha larpeirada, as de hoxe en día non as botan en falta.

-DE PASAR A INFANCIA AGARRADA A UNHAS VACAS A BOTAR TODO O DÍA NA ESCOLA E EN ACTIVIDADES DIVERSAS.
Naqueles tempos as criaturas traballaban desde que tiñan uso de razón.
A mocería fundaba familia co mínimo do mínimo e a idades moi temperás.
Algúns levaban todo o enxoval nunha paxeta, e ben lles cabía.

Hoxe en día, a xuventude dedica moito tempo a prepararse para incorporarse ó mundo laboral.
E o de fundar unha familia con bases sólidas e duradeiras aínda é máis difícil.

-DE ESCRIBIR NA PIZARRA CUN PIZARRILLO A ESCRIBIR NUN ORDENADOR OU NUNHA TÁBLET
Un sencillo bocado de lousa pulida servía para toda a escolaridade no caso de que non se rompera. Alí aprendíase a facer: cálculo, dictados, de todo...

-DE UTILIZA-LA MEMORIA PARA TODO A BUSCAR A INFORMACIÓN EN INTERNET.
A única maneira de saber algo era grabalo na mente a base de repetición.
Desa maneira aprendíase gramática, matemáticas, xeografía, historia sagrada, historia universal...

-DE FELICITA-LO NADAL CON POSTAIS DE PAPEL A FACELO DIXITALMENTE.
¡Qué preciosas eran aquelas postais con motivos nadalencos que se dedicaban con todo cariño, metíanse nun sobre, poñíaselles un selo e enviabase por correo!
A persoa que as recibía, conservábaas como ouro en pano e incluso as gardaba con cariño.
Agora unha mensaxe de whasapp, unha prefabricada, un audio...
E de conservala, nada de nada, para non encher a memoria do móbil.

MOITA MENOS CALIDED HUMANA.
O Nadal xa non se celebra como antano.
Pérdese espiritualidade, gáñanse: consumismo e materialismo.
Unha mágoa!

-DE ESCRIBIR CARTAS MANUSCRITAS A VIDEOCHAMADAS.
Aquelas cartas que sempre empezaban igual:
"Querida familia: Deseo que al recibo de la presente os encontreis bien de salud"
E sempre en lingua española que era a que se aprendía a escribir na escola.
A lingua galega só se usaba na fala porque parecía máis fino o castelán que era a lingua usada polos escribanos, polos mestres...

Pero AS LINGUAS SON FINAS: TODAS.
AS PERSOAS: UNHAS SÍ E OUTRAS NON; independientemente da lingua que usen.

-DE FACE-LA ROUPA NA COSTUREIRA A COMPRALA FEITA.
As costureiras ían polas casas coa máquina de coser na cabeza e botaban desde a mañá ata a noite porque ían a mantido.
Ademais de facer roupa nova tamén remendaban a roupa usada.
Aquelo si que era reciclar. Aproveitábase todo.
Así foi como pasiño a pasiño fomos evolucionando; pero aínda hai moito máis.

"MOITO MÁIS"
Continuaremos no seguinte artigo, se vostede o ten a ben.
Por hoxe: moitas grazas por terme na súa consideración.
Cachaza Platas, Mercedes
Cachaza Platas, Mercedes


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES