Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo

jueves, 23 de marzo de 2023
No entresoño

Dá igual que sexa pola noite que na sesta; sempre me custa horrores quedarme durmido. Mesmo ó estar vendo películas hai momentos nos que me perdo subtítulos ou incluso escenas porque se me vai a vida, pero cando largo á cama sempre tardo unha eternidade para que me entre definitivamente o sono. E non falo de minutos; falo de horas. O único consolo que me queda é que, nesas horas, penso, ou como digo sempre, soño esperto. Porque soñar esperto é bonito.
Pingas de OrballoÉ bonito se penso en cousas bonitas. Hoxe, na sesta, non pensei bonito e, claro, tiven que cabrearme. Aínda que, o primeiro pensamento, foi máis que marabilloso: o terceiro gol do Celta ó Rayo Vallecano marcado por Iago Aspas, unha auténtica obra de arte. O anoxo, non obstante, apareceu cando se me deu por pensar nos pases de Modrić cando lle dá ó balón co exterior do pé. A este, por esa forma de darlle ó balón, ata xa falan de escolas e aprendizaxes e rabos de gaita; que non tardarán en santificalo. Iago Aspas, nese gol, deulle co exterior do pé e formando unha vaselina perfecta que rematou, faltaría máis, en gol. Moi bonito. Nada máis. É do Celta e... que máis quere?
Na noite de onte, nese entresoño, pensei na fame. Porque lera que a pobreza infantil lle custa a España máis de 63.000 millóns de euros, e que unha de cada catro familias deixa de comer algunhas das tres comidas diarias... para aforrar algo. Ante isto e o outro, por estas dúas veces, non soñei nada bonito. Menos mal que son dos que axiña busco o optimismo, a claridade do vivir, do pensar, do soñar.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES