Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Che Tembra e Isaac Díaz Pardo

jueves, 23 de marzo de 2023
No 2020, para conmemorar o centenario de Isaac Díaz Pardo, sete persoas puxemos en marcha Alento esbravexo para levar a cabo unha homenaxe popular na que calquera puidera recoñecer ao home máis grande do seu tempo en Galicia. "Unha manda de pezas para Isaac" foi o título que definiu esta iniciativa e así aparece no blog no que se recollen todas elas: duascentas sesenta e pico, creo.

Daquela, Che Tembra, ese escultor ferreiro ou ferreiro escultor, participou. Fíxoo con dúas pezas: unha maternidade (con máis xente, así como as facía Isaac, case reivindicando que Che Tembra e Isaac Díaz Pardounha criatura tiña que ser educada por toda a tribo) e unha acróbata. Dixo: "Quixen facer estas pezas baseándome nas de Díaz Pardo, porque me atrae a súa creatividade e a súa loita por Galiza, igual que a de Castelao. (...). A primeira peza leva un texto "Non lle poñades atrancos ao neno mentres está medrando", isto tamén me lembrou a obra de Castelao "Non lle poñades chatas á obra namentras non se remata. O que pense que vai mal que traballe n'ela; hai sitio para todos." A min paréceme que construír a nación é un traballo no que todos facemos falla. Palabras de Che Tembra que nos din quen e como é.

Ademais de presentar estas dúas obras, prometeu continuar, gustoulle tanto o libro de Cecilia la acróbata (Ediciós do Castro, 1965) que decidiu realizar a serie completa, unha homenaxe propia a Díaz Pardo. Xustamente a está presentando estes días na Casa da Cultura da Pobra do Caramiñal.

As acróbatas representan mulleres danzando libres e núas en plena Ditadura. Isto fai pensar nas mulleres que o rodeaban.

As súas mulleres, reais: nai (Antonia) que se volve tolapolas circunstancias (asasinato do pai e persecución del -e delas-), irmá (Mercedes, desaparecida para a vida pública despois deses seis meses de vivir agachados na Coruña). Tía: Lolita Díaz Baliño que comezou como fotógrafa, ilustradora en revistas, acuarelista cun estilo modernista e moi contemporánea na República (retrata o universo feminino, folclorista, realiza incluso -por encargo- un pergameo para Alfonso XIII) e que transforma a imaxe de muller na ditadura, non quedaba outra para sobrevivir ao control da Sección Femenina. Primeira muller que entra na RAG de Belas Artes (en 1938, un chisco despois farao Carmen Corredoira). Lolita tamén foi profesora, entre outras de Carmen Arias de Castro que estuda Belas Artes ata que os pais llo prohiben pola relación con Isaac, pero nunca se vai separar del, vaino acompañar sempre compartindo familia, vida e proxectos, dirixindo os obradoiros de decoración aquí (O Castro, Sargadelos) en A Magdalena, como debuxante, acuarelista e responsable da liña de xoias de porcelana de Sargadelos. 70 anos xuntos.

E a exposición lévanos, tamén, á representación da figura da muller tan importante na obra de Díaz Pardo. Na primeira etapa (anos corenta) baixo o clasicismo e academicismo, na segunda etapa (do 49 ao 55) coa influencia dos renovadores como Maside e Colmeiro, instalado na figura da muller asociada á nai, á patria e a fertilidade. Do 55 ao 71 nótase a influencia de Seoane, coa temática social, de traballadoras e campesinas, imaxes grupais como as de Novecento. Logo vén a etapa das mulleres co mundo na cabeza.

Na cabeza de Isaac cabía Galicia enteira, estendendo identidade por todo o universo mundo, na de Che ese recoñecemento ao mellor do país, a quen constrúe a nación, como fai el cada día.
Sampedro, Pilar
Sampedro, Pilar


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES