Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Os tempos epifánicos de Pérez Bouza

jueves, 23 de marzo de 2023
Da autoría de Xosé Antón Pérez Bouza (Vilar de Cas, aldea do concello de Muíños, Ourense -1953), remata de lanzar a súa mais innovada narración: "La Epifanía del Silencio", publicado por Círculo Rojo Editorial. Podemos dicir que é un libro das constantes reconstrucións da memoria do pobo rural ou de labregancia que fenecen, Os tempos epifánicos de Pérez Bouzacomo tantos pobos rurais desta Galiza en disparatada desfeita. O autor deste libro conmemora nestas lembradoiras a temporalidade emotiva e vivida en Vilar de Cas, nas terras da Limia ourensán. Convertido no epicentro destes relatos, partillados en vinte e dous capítulos ou apartados na primeira parte e cinco na segunda. Como ben se menciona na lapela deste libro, que está conformado dentro da ficción novelesca. Este é o perfil necesario co que o autor nutre os silencios vividos nunha magna orientación para comprender ese territorio físico e entender varios procesos que corresponden a unha comunidade rural, tan activa como movementada onde se crearon inmensas utilidades que esclarecen, en todos os apelos, a nosa identidade nacional. Neste aspecto, Pérez Bouza é un autor envolvente que rebusca nas patentes da nosa idiosincrasia eses valores, tantas veces emparedados no silencio e en vetustas contradicións que crearon os outros, os que non nos pertencen.

Dicía Antonio Machado: "Se canta a lo que se pierde". E engadía: "Todo lo que soy, bueno o malo, se lo debo a ese recuerdo". Conclúe: "Mi infancia son recuerdos de un patio de Sevilla / y un huerto claro donde madura el limonero". Sírvannos estes versos machadianos para confrontar a memoria que recupera Pérez Bouza, no ámbito mais amplo e colectivo que ocupa, fronte aos silencios censuradores que anulan e mutilan eses procesos vivenciais, de todo aquilo que conforma a fértil historia dun pobo que articula os camiños certos da súa vontade e liberdade, como elementos básicos e orixinais da súa creatividade. Nestes pousos da memoria, contra o permanente silencio castrador, o cántico épico e liberador destas narracións, debemos recuperar as testemuñas destas páxinas que describen a un pobo rural en destaque como é Vilar de Cas. Desde estas referencias podemos amplialas como representación doutras identidades rurais en similares transcendencias a este pobo da Limia.

A crónica de Pérez Bouza non ten suspensos nese zigzagueando de atributos e normas de convivio dese micro grupo de habitantes de Vilar de Cas, no que convén destinguilo no que el menciona referíndose a "tres factores básicos que los estudiosos de la sociedade -sociólogos, antropólogos, etnógrafos-". Pérez Bouza fala doutras prioridades solventes de relación co inventario que vemos nestes relatos novelados, nos que está a presenza dos atributos máis profundos que distinguen a unha sociedade normalizada -aínda manifestando certas e puntuais carencias que nos asisten- como é o idioma e a cultura orixinaria, a relixión e as supersticións, a familia como núcleo e á nosa maneira, as relacións de veciñanza, as actividades colectivas que se realizaban nas nosas aldeas, o intercambio de produtos dunha economía de subsistencia que se sustentou dos excedentes agrícolas. A vida social e o comportamento humano con toda esa carga enigmática que o noso rural aportou suculentas atribucións e ser distintos a outros pobos, nin máis bos nin más malos, diferentes.

A sensíbel materia con que se conforman estes relatos, están escritos por un nativo de Vilar de Cas como é Xosé Antón Pérez Bouza, que asimilou esa ampla cultura naturalizada e de suculenta singularidade que se ofrenda na comarca da Limia. Na que o noso escritor tivo a coraxe de rescatar a epifanía e seus sinónimos: aparición e revelación. O lector de "La Epifanía del Silencio", con certeza, non ficará indiferente, dado que comprenderá os matices que o naturalizan en todos os contextos dunha aldea determinada galega, no que se verá impresionado a lembrar tantos sucesos felices e, tamén, estorbos maléficos transcorridos no seu ente naturalizado. Un libro que recupera distancias amagadas por silencios, someténdonos a tantas precariedades que conforman esa desfeita organizada do noso rural por forzas estranxeiras. Este libro de Pérez Bouza precisa de ser repetido noutras entidades rurais, para non esquecer tantas referencias históricas que engrandeceron Galiza. Estas abastadas particularidades emerxentes, que teñen respiro na actual Galiza, merecen rescate.

O meu pero..., o poñería a ausencia da escrita en galego, dado que o seu autor é un preclaro falante e defensor do noso idioma. Mais, sobre todo, debemos respectar a súa liberdade de decisión. Sería desexábel unha edición en galego, pola altura de contidos deste libro.
García, Xosé Lois
García, Xosé Lois


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES