Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

De centauros a maquinistas (1)

martes, 21 de marzo de 2023
De centauros a maquinistas (1)
¿Unha muller cruzando? ¡Rara avis; seguro que viu un home no xardín!

Segundo un estudio duns psicólogos das universidades estadounidenses de Wisconsin-Madison e Pensylvania, falar en voz alta con un mesmo estimula o cerebro á hora de levar a cabo unha tarefa, e contribúe a reactivar a información visual, algo que nos De centauros a maquinistas (1)permitiría encontrar unha solución máis rápida aos nosos problemas. Os expertos queren dar un paso máis e profundar na investigación, utilizando "scanners" para observar as rexións do cerebro que se estimulan mentres falamos sós.

-.-

Ía falando con un móbil, sen que ninguén lle contestase, pero espieina co meu "Pegasus"!


Isto é o que falei con aquela rapaza que pasou por diante da miña ventá, falando soa, ou mellor dito, falando con un aparello que levaba na man, escandalizada de que estes coches do século XXI, de robotizados, anden sos, e sen albarda! Segundo a mitoloxía, na terra houbo centauros, máis agora, no sitio deles..., autos! ¿Que foi da xente; estarán traballando? ¿Pero, en que, se xa non hai traballo, que todo o fan as máquinas!

Que visión é esta...; que vexo..., unha peatona cruzando polo meu paso de cebra...! Ou procede doutro planeta, ou se trata de Eva, aquela avoa, ¡resucitada!, pois parece coñecer este país... Vou coller o meu "Pegasus", que o teño no despacho..., para comunicar con ela...!

Los centauros son muy conocidos por la lucha que mantuvieron con los lápitas, provocada por su intento de raptar a Hipodamía el día de su boda con Pirítoo, rey de los lápitas y también hijo de Ixión. La riña entre estos primos es una metáfora del conflicto entre los bajos instintos y el comportamiento civilizado en la humanidad.
...

-¡Señora, s'il vous plaît..., prégolle que se identifique..., que eu sonlle un supervivente do XXI, e fáiseme descoñecida!

-¡Pois si, son a Avoa, a mesma, que, de cumprido o meu purgatorio, agora que son humilde Deus perdooume, e devolveume ao Paraíso para que atope outro Adán, e recomecemos unha humanidade diferente, unha que sexa humilde, humilde e agradecida! Esta roupa que levo saqueina dese recolledor dos pobres, dese de Cáritas que está nesa esquina... O diabro non volverá a tentarme, pois, de vencido polo catolicismo, pechouno Deus no inferno, no grande, no satánico... Por certo, este xardín..., será un resto daquel Paraíso?

-Si, señora, que estivo aquí, pero iso foi..., antes das tentacións!

-E ti, esa voz que me fala, quen es?

-Sonlle un sobrevivente daquela xeración, que só sei conducirme, pero non conducir, e por iso non aprobei a metamorfose humana do século XXI. ¿Entende?

-¡Ai, logo...! ¿É que, xa non queda ningún Adán?

-Se lle sirvo eu, que sigo solteiro...

...

Agora falando en serio, pois o de antes foi un sono, pero isto que segue foi, ¡é!, unha realidade:
.../...
Gómez Vilabella, Xosé M.
Gómez Vilabella, Xosé M.


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES