Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Os encapuchados nocturnos

miércoles, 22 de marzo de 2023
Cando amparado pola escuridade da noite, un varón descoñecido, acecha a mulleres indefensas pode parecernos que a xustiza e as institucións públicas teñen fórmulas máxicas para protexelas, mais non é certo, a lei non as pode axudar.

En Carballo, de par do centro de saúde, existe un local que se chama "Centro de información á muller", que é a onde te remiten se chamas o teléfono da muller maltratada, o número 016, ou a varios números de balde da Xunta ou do Sergas, e unha vez alí informan que só che poden axudar no caso de que o acoso ou a agresión veña dun exmarido ou exparella, e só nese caso. En todo hai sempre letra pequena neste País. E neste País a muller está falsamente protexida porque a teoría non se corresponde coa práctica. Polo que, se un varón descoñecido acecha a unha muller, de noite, durante varios anos, sen ningún motivo evidente, para a lei esto ven a ser o caso máis grave de acoso que recolle a devandita lei co máximo de condena posible, sete anos de prisión, pero non existe na realidade un protocolo coherente que poida axudar e asesorar a víctima. Ainda que vos pareza grotesco esto que vos aclaro neste artigo de opinión, podo garantizárvolo grazas a que a miña investigación periodística baseada en varios casos reais na nosa comarca, con nomes e apelidos, cheguei a conclusión taxante de que, gran parte das traxedias que ocurren cando o desenlace destes sucesos acaban, da peor forma posible, teñen o seu punto fraco na falta real dun protocolo lóxico e eficaz de protección das víctimas sen letras pequenas nin medias tintas.

Ainda que poida parecer complexo é bastante sinxelo de entender.

Por unha parte todos os teléfonos os que te mandan chamar, se ocurre algo así, son teléfonos "só de información" que te deriban a unha OFICINA DA MULLER, que recoñecendo a gravidade do caso e recoñecendo que se trata dunha forma de VOLENCIA DE XÉNERO, ó mesmo tempo indícanche que non poden facer nada debido a que os mecanismos que alí poden activar só se activarían se ese acosador, descoñecido e encapuchado, fose a túa exparella. Que manda carallo!!! Ante a denuncia correspondente na garda civíl só poden dicirche dúas cousas: non podemos vixilar cada casa a modo de escoltas privados porque somos oito axentes para dez concellos e, en segundo lugar, se volves a ver o individuo na volta da túa vivenda chamas ó 062 para que, se hai unha patrulla preto, acuda a zona para intentar identificar o malechor. Sería moito mais doado, e desculpade pola gracieta, que a víctima tivese un idílio co encapuchado e asi xa sería exparella del. Como resultado final de todas estas pescudas xornalísticas alcanzo a poder afirmar que as mulleres carecen dun verdadeiro protocolo efectivo de protección para casos como este. Da a sensación de que só acudirán cando teñan que recoller o cadaver e só ese día a prensa farase eco do acontecido. Haberá minutos de silencio, bandeiras a media asta, manifestos de repulsa, soterrarán o seu corpo, entre aplausos, berraremos "nin unha máis" e... todo seguirá exactamente igual de mal. Mal non... "fatal"!!!!!

Asexar a unha muller de noite, fora de horas... como se adoita dicir, está nunha especie de limbo legal que, dependendo de pequenos detalles, pode tratarse dunha simple molestia, o cual non sería delito, ou pode tratarse do caso máis grave de acoso, pero, sen unha solución eficaz que resolva o problema. Na maioría destes casos a ausencia dunha protección especial eficaz vai obrigar a lexítima defensa por parte da víctima, pero, atentos o dato, en España poden rebaixar unha condena se para defenderte dunha agresión ou asalto da túa propiedade, morada con xardín incluido, en igualdade de condicións, man contra man, coitelo contra coitelo ou ata pistola contra pistola, te atopas na circuntancia de que, por defender a túa propia vida, agrediches ou mataches o intruso, pero, segue a ser delito e serás xulgada ou xulgado polo feito. Maila que noutros países, exemplo os E.E.U.U., a lexitima defensa ademáis de ser legal parece case unha especie de emblema nacional. Aquí o encapuchado, asexador nocturno de mulleres, sabe que ten total impunidade e aproveita eso para facer o que lle parece sen que ninguén, nin sequera a propia benemérita, poidan pararlle os pés. Ante esta inxusticia flagrante debo manifestar publicamente a miña opinión para non sentirme cómplice coa miña neutralidade porque calar a boca, andar o meu, deixar o mundo, todas esas frases feitas que adoitan decir por aquí, non son neutralidades, senón que se posicionan, porque non existe neutralidade posible ante unha inxusticia tan clara. Se calamos estaremos no bando do encapuchado nocturno e, se decidimos alzar a nosa voz e queixarnos deste problema, eleximos o bando das mulleres indefensas que non teñen a ninguén axudándolles cando semellante barbaridade lles está a ocurrir.

Nas vosas mans queda.
Elexide de que bando queredes estar.
Souto, Óscar
Souto, Óscar


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES