Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

O adeus do ditador

martes, 21 de marzo de 2023
Existe unha España en branco e negro da que a miña acordanza custodia unha gran cantidade de lembranzas. Polo xeral, cousas irrelevantes como o paquete de cigarros de chocolate que de cando en vez me compraban, as empanadillas de cebola e azafrán que vendía en Pontevedra unha señora ataviada con pañoleta e mandil ou os odiosos pantalóns curtos de tergal que me obrigaban a gastar.

Outros momentos, en cambio, forman parte da historia. Entre eles, a morte de Franco, cando eu tiña 12 anos, e os primeiros pasos da transición democrática pilotada polo Rey Juan Carlos e Adolfo Suárez.

Imposible esquecer a morte do ditador porque, para empezar, reuníronnos no colexio e mandáronnos para casa. Vivín a preocupación nos rostros e conversas polo baixo da miña familia, o drama nacional e as longas colas que visitaron durante varios días ao defunto no palacio de Oriente, as reportaxes a todo cor que publicaron as revistas do corazón.

Pero, sobre todo, lembro os lagrimóns de Carlos Arias Navarro, presidente do goberno, cando se dirixiu por televisión á nación para dicir aquilo de "españoles, Franco ha muerto" e os cartelóns que publicaron coa "Última mensaxe de Franco" e a "Primeira mensaxe do Rey". Tiven oportunidade de lelos completos na administración de billetes de transportes La Unión, en Pontevedra. Eran dous textos perfectamente complementarios: conmovedor o primeiro, auténtico testamento político dun home que se dispoñía a render contas ante o Altísimo; e cheo de esperanza e futuro, o segundo.

Sempre supuxen que aquel discurso de Franco fora un dos poucos que escribira el, se cadra porque era breve e soaba a despedida persoal. Agora sabemos, grazas ao político e escritor Guillermo Cortázar que Franco copiou da súa propia man un texto mecanografado, escrito polo arquitecto Javier Carvajal. Cóntao no seu libro "O secreto de Franco" e con esta revelación esfúmase a posibilidade de que Franco tivese corazón. Que lle imos facer!
Agís Villaverde, Marcelino
Agís Villaverde, Marcelino


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES