Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A misteriosa e incógnita Valura (51)

viernes, 24 de marzo de 2023
Necesidade dun estudo da Valuria

Trapero Pardo, cronista de Lugo e numerario da Real Academia Galega na que ingresou no ano 1971, apadriñado por Álvaro Cunqueiro, nun artigo do ano 1951 titulado "La Chaira pide un estudio", comeza desta maneira:

"Tres personas manifiestan la necesidad de un estudio de la Tierrallana o "Chaira" luguesa: Iglesia Alvariño, Río Barja y Lence Santar"..., pero un estudio non só prehistórico -o que estivo a punto de facer o mesmo Trapero, segundo nos di neste artigo- senón tamén das torres e pazos e ademais...

"¡Que interesantes datos aportaría un erudito en torno a la misteriosa e incógnita A misteriosa e incógnita Valura (51)"Balura", elogiada de supersticiosos y censurada de disposiciones eclesiásticas. Y ¡qué bellas páginas, sin cuidarse mucho de la erudición podría tejer Álvaro Cunqueiro en torno a los personajes "baluros" que aún hoy en la Israel de Seixas o Pino, o en la del castro de Duarría, saben defenderse heroicamente del trabajo mediante estratagemas y prácticas con las que el vivir mal da para el buen vivir!..."

Trapero Pardo estanos a contar tamén a falta dun estudo rigoroso, non só da prehistoria senón tamén da vida social da nosa Valuria, onde o misterio arrinca xa dende o mesmo nome, seguindo despois nas formas de vida valura, que chegan a ser descoñecidas para os mesmos habitantes da comarca pero das que non temos datos cos que referendar estas vivencias, a non ser o mundo da superstición e, no relativo ás disposicións eclesiásticas, tampouco conservamos ningunha destas prácticas, exceptuando o feito da constatación da súa existencia.

Ai!, se Cunqueiro (1911-1981) collera a pouca historia conservada dos Valuros; a ben seguro que as súas páxinas converteríanse en lugares de peregrinación para os amantes da literatura e da arte de contar e de relatar. Aquí, dá a sensación de que Trapero Pardo quixese incitar ao grande Cunqueiro, amigo seu, a participar no estudo e na escrita desta mítica raza chairega, dándolle incluso algúns datos destes apaixonantes personaxes, que aínda no 1951 viven na Israel de Seixas ou en Pino, as dúas, parroquias de Cospeito, ou no castro de Duarría de Castro de Rei, ás que lles chama Israel, supoñemos que no seu orixe bíblico de "o que loita con Deus" ou "o que domina a Deus", pensamos que está referido á súa situación de Valuros que loitaron para vivir predicando "milagres, revelacións, profecías, promesas e indulxencias finxidas, oracións e exorcismos supersticiosos..." -como dicía o bispo de Tui, Xoán de Villamar e que Trapero considera "estratagemas y prácticas con las que el vivir mal da paso al buen vivir", amén das innumerábeis artimañas e habelencias propias dos seus oficios de sacerdotes, enfeitizadores, médicos, compostores, albeites, esmoleiros... tiveron a ben representar ao longo da historia.

Salve Valuria!

NOTA:
EL PROGRESO.- Ano LXIV. Nº 13502, 1951, 11 xaneiro, páx. 4. Sección.- De las tierras luguesas. Título.- La Chaira pide un estudio.

Texto: Xosé Otero Canto
Fotografía: Anxo Grande Penela
Otero Canto, Xosé
Otero Canto, Xosé


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES