Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A misteriosa e incógnita Valura (50)

viernes, 17 de marzo de 2023
Os Valuros na lembranza

Este artigo do ano 1946, firmado por Trapero Pardo coa denominación de Trapacero e titulado "Ángeles que abatieron su vuelo", transpórtanos á porta norte da catedral de Lugo, porta que nos leva cara ao misterio e que deben traspoñela todos os que no mundo perderon a esperanza. Esta porta é o resumo da creación e entre a humanidade e a divindade están os apóstolos, sentados á mesa, mais o que non ve o amigo Trapacero é a presenza dunha muller que parece un apóstolo, que é a María Magdalena, uns din que a súa muller, estoutros que dunha "apóstola" e aqueloutros que A misteriosa e incógnita Valura (50)da súa amada se trata, mais ao fin, aí está ela ao seu carón cun selo de feminidade que emana na cea e, como non podía ser menos, presidindo o convite, Xesús e logo o Pantocrátor, digno de admiración.

Hoxe xa nada queda das pinturas desta porta "Los ángeles abatieron su vuelo, y fueron a convertirse en polvo multicolor...".

Pero ahí quedó la gracia abocinada de la puerta. Y ahí la figura de Cristo. Y, recuerdo de los años en que mendigos y pícaros -descendientes de "baluros" excomulgados-, clamaban caridad y exhibían llagas; aún de cuando en vez, hurtando limpiamente el cuerpo a los guardias, asoma a esta puerta un mendicante, que puede ser uno de esos pobres que el Señor nos dijo estarían siempre con nosotros...

Esta porta norte da nosa catedral, chea de exquisita beleza nas arquivoltas e columnas que a adornan e a adormecen, cun Xesús no seu centro, como se fose unha grande medalla ou escapulario colgado do pescozo das arquivoltas, en exposición aos que penetran o limiar cheos de asombro e lugar idóneo para apostarse os mendicantes, como se fosen troiteiros coa cana estendida e feita brazo de misericordia en procura da troita-esmola máis grande, xa é tan só un recordo, unha lembranza, onde, xa non os valuros excomungados desapareceron, senón os seus descendentes que clamaban caridade e misericordia ensinando chagas, feitos mendigos e pícaros, aínda de cando en vez, aparece algún sentado na escaleira da entrada, pero nada ten que ver cos valuros da súa acordanza e que a asediaron e franquearon na procura de pingues esmolas a cambio da demostración inequívoca dunha lacería imposta, porque xa non hai, desapareceron como os anxos que abateron o seu voo e se converteron en po multicolor, desapareceron na noite dos tempos e a porta coas súas ferraxes medievais (S-XIII) son a lembranza firme do que quedou dos nosos Valuros.

Salve Valuria!

NOTA:
EL PROGRESO.- Ano XXXIX, Nº 12047, 1946,30 agosto, páx 1. Sección: Estampas lucenses. Título: Ángeles que abatieron su vuelo.

Texto: Xosé Otero Canto
Fotografía: Anxo Grande Penela
Otero Canto, Xosé
Otero Canto, Xosé


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES