Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Tempo sen tempo de Mario Benedetti

miércoles, 22 de marzo de 2023
Esta semana dei cunhas declaracións de BertínOsborne defendendo o día do Pai. É unha persoa que me cae ben aínda que nunca estou de acordo coas súas ideas. Nesta ocasión o que dixo nin me vai nin me vén, pero agradezo que me suscite unha reflexión que nada ten que ver co que el dixo e que nesta ocasión coido que está acertado. Para min fai falla un día do pai e da nai, o malo é que estes "días de" veñen envoltos nunha praga de consumismo.

Persoalmente vexo que temos de todo. A persoa que gaña un salario máis ou menos pode acceder ás súas necesidades (a pesar das dificultades actuais). Entón a necesidade máis grande que vexo no día a día é o tempo. Eu necesito ese "tiemposintiempo" que procuraba Mario Benedetti. Se ledes o poema veredes que non é nada escollido, que quere cousas sinxelas e cheas de emoción: mirar unha árbore, sentir o inverno, mirarse dentro e saber o porque das emocións, sentir o canto dun galo, etc. Benedetti buscaba sentir a sinxeleza, eu busco tempo para estar cos que teño sempre presentes en ausencias prolongadas. Necesito tempo para a miña xente, amigos, familia e os referentes imprescindibles.

Para min este tempo é o mellor agasallo porque é o único agasallo recíproco. Pode ser unha comida, unha excursión, unha entrada de cine ou de teatro e ata un simple café, pero en todo hai unha posibilidade de tecer un recordo perenne que incluso nos sobreviva...

Está claro que necesitamos tempo para encher a alma de soños e baleirala de incertezas. Tempo para os nosos, para aprender e desaprender, para enchelo de feitos e emocións ou simplemente como dicía Ary dos Santos "tempo para nascer, para viver, para existir e nunca mais verem o tempo fugir".

Cada agasallo de tempo é unha árbore que permanece con folla perenne na memoria.
Santalla, Iago
Santalla, Iago


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES