Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Somos así

jueves, 16 de marzo de 2023
Cantas veces dicimos: "eu son así".
A veces acertamos en ser como somos; pero outras...
Xeralmente dicimos: "eu son así" para intentar xustificar unha conducta que debería mellorarse.
Conductas do día a día que fomos facendo dunha determinada maneira aínda que sabemos que non é a idónea.
Conductas mellorables que se foron facendo así e convetíronse en costumes, en algo habitual para quen as fai.

PERO, TODOS SABEMOS QUE:

-DEBEMOS LEVAR UNHA ALIMENTACIÓN SAUDABLE, de acordo co noso estado de saúde físico e a nosas posibilidades, pero como nos gustan certos alimentos que de saudables teñen pouco...
Pois non nos privamos ou privámonos menos do que deberamos e xustificamos o noso xeito de proceder dicindo:
"Prefiro vivir uns anos menos... e comer o que me gusta"

-A ESCOLA TEN MOITO PESO NA VIDA DAS PERSOAS;
Pero como estudiar costa sacrifcio:
-Porque o estudio é duro.
-Porque non nos entendemos co profesor de turno.
-Porque non nos gusta certa materia.
-Porque non lle vemos utilidade para o que queremos facer o día de mañá.
-Ou porque preferimos pasalo ben...

Pois, desaproveitamos unha etapa vital da nosa vida.

-A HONRADEZ É UN VALOR MOI IMPORTATE porque a todos nos gustan as persoas rectas no seu obrar; pero a veces confundimos rectitude con algo pasado de moda e dicimos:
"Eso xa non se leva hoxe en día"
E, en vez de obrar con rectitude, ímonos polo camiño que non é.
E se somos moitas as persoas que imos erradas... malamente.

-A LEALDADE E A FIDELIDADE DAN MOI BOS FROITOS.
As persoas leais, os amigos leais, os esposos fieis, as persoas de fiar... son un tesouro.
Pero ser leal, ser fiel, ser unha persoa de fiar esixe non soltar o timón da vida.
E, a veces, o timón váisenos das mans por un "refacho de vento", "por un temporal emocional", "por calquera cousiña..."

Cando unha amistade te traiciona, en vez de perdoala, prefires "poñer terra" por medio.
Cando un esposo/a comete unha infidelidade produce unha dor tan profunda que xa nunca máis volve a ser igual.
Algunhas persoas son capaces de perdoar, pero poucas.

-DEBEMOS FACER BEN SEN MIRAR A QUEN:
Facémolo unha vez, e facémolo outra vez; pero chega o momento que comprobamos que, en máis dunha ocasión, nos entra a peste na casa por ser caritativos.
Ata para ser caritativo, para se solidario; hai que ser prudente, e nos tempos que corremos, máis aínda.
Lástima que sexamos así e que, moitas veces, paguen xustos por pecadores.

-DO TRABALLO SAE A VIRTUDE:
Por eso a maioría das persoas esforzámonos traballando arreo para levar unha vida digna.
Algunhas persoas son tan traballadoras que viven soamente para traballar e aforrar.
OUTRAS SON COMEDIDAS E TRABALLAN PARA VIVIR.
E tamén hai quen di que: "DA VAGANCIA SAE A SAÚDE".
Hai algo de todo na viña do Señor.

OS HUMANOS SOMOS ASÍ.
Os humanos somos limitados: temos moitas máis limitacións das que nos poidamos imaxinar.
Os humanos somos pecadores, aínda que moitas veces non sexamos conscientes.
Ninguén está libre de pecado, ninguén está libre de culpa.

Pero, aínda que cometamos moitos fallos, sempre intentamos ir avanzando.
Os avances sempre son máis lentos do que desexaríamos; pero temos que ir aprendendo á conta dos erros.
Os erros fannos rectificar. Os erros son necesarios para avanzar.
É HUMANO COMETER ERROS; PERO TAMÉN SABER RECTIFICAR.
Neso consiste a evolución.
Pasiño a pasiño, imos indo.

"PASIÑO A PASIÑO"
Este será o título do seguinte artigo.
Moitas grazas por terme na súa consideración nesta ocasión.
Cachaza Platas, Mercedes
Cachaza Platas, Mercedes


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES