Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

As memorias de Paco Novoa

miércoles, 15 de marzo de 2023
Confeso que dos xéneros literarios do que máis gusto é o das memorias. Nelas sempre hai informacións que transcenden o relato anecdótico porque definen con nidieza a personalidade das autoras e autores. Hai feitos históricos que non se entenden se non é coa axuda destas peculiares narracións. Relatos que pasan desaparecibidos para a grandilocuencia coa que se escribe a historia, pero fundamentais na súa construción.

Don Emilio González López, un intelectual cunha densa obra de carácter histórico, foi tamén director xeral de Administración Local no ano 1931. O seu foi un galeguismo que levou a extremos de louvable coherencia. Conta nas súas memorias don Manuel Azaña, presidente que foi da II República española un suceso ben curioso. "Nos dedicamos a hacer el borrador de un proyecto de lei, que se ha dado en llamar "lei de defensa de la República". Le fuí dictando artículos al director de Administración Local, alli presente, que las redactaba en un idioma raro, propio de un gallego catedrático, porque el joven director posee ambas cualidades".

Emilio González López, segundo o relato de Azaña, pouco entusiasta das autonomías, escribía en galego, mesmo no Ministerio.

Outro caso reseñable atopámolo nas memorias de Valentín Paz Andrade. Foi nun mitin no Campo de Granada, en Vigo, no que ían intervir o ministro Luís de Zulueta e o agrarista Basilio Álvarez. Coñecedor do escaso fervor galeguista do abade de Beiro, Paz Andrade sentou ao pé del para dicirlle que fixese a intervención en galego. Basilio Álvarez replicoulle que non podía porque Zulueta non era galego e sería unha desconsideración para con el. "Precisamente por non selo -díxolle Paz Andrade- hai que facerlle a homenaxe de Galicia na súa propia lingua". Convencido polo argumento, dixo: "Falo en galego precisamente porque don Luis de Zulueta non é galego e quero que a homenaxe de Galicia a este home se lle faga na nosa lingua". Unha tremenda ovación interrompeu esta introdución. Zulueta, emocionado, na súa intervención agradeceu o xesto, porque "estando en Galicia no podía ser de otra manera; llegué a pensar que no lo harían".

Unha anécdota reveladora tamén da necesaria firmeza lingüística que botamos en falta en moitos galegos en presenza dun foráneo. É así como algúns confunden a boa educación renunciando a expresarnos na nosa lingua.

O alcalde de A Cañiza, Luís Piña, nunha visita que lle fixen recentemente, agasalloume cun libro de memorias que Xerardo F. Santomé lle fixo a "Concha de Luneda", unha popular veciña desa parroquia da Paradanta. Sorprendeume gratamente ler como unha muller galegofalante, cando tivo que emigrar a Catalunya, aprendeu a falar e escribir a un tempo o castelán e o catalán, sentíndose moi orgullosa diso.

Este relato exemplifica moi ben a importancia das intrahistorias para coñecer os grandes relatos que agochan estes pequenos feitos positivos que cómpre divulgar.

Todo o exposto anteriormente vén a conto das memorias de Paco Novoa, Director do Grupo Academia Postal, que levan por título "Lembranzas dun camiño". Resultoume grata e interesante a súa lectura. Paco deixa constancia do seu perfil biográfico contando as vicisitudes vividas desde o día do seu nacemento, en Francos (Maceda), e o camiño percorrido deica a madurez relatando sucesos da súa vida persoal íntima. Home de personalidade singular, afable, garimoso, solidario, sempre disposto a resolver calquera proposta que lle fagan. Paco Novoa é un filántropo e mecenas da cultura galega recoñecido en Ourense en boa parte de Galicia.

Xosé González Martínez é Presidente do Foro E. Peinador.
González Martínez, Xosé
González Martínez, Xosé


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES