Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A misteriosa e incógnita Valura (49)

viernes, 10 de marzo de 2023
A desaparición dos Valuros

No ano 1948, parece ser, cambiaron as maneiras de pedir dos mendicantes, como se nos mostra no xornal El Progreso, na sección "En tono de broma", firma un artigo Trapacero, nome que non é outro senón o mesmísimo Trapero Pardo no artigo intitulado, "La tarjetita y su inventor", onde se nos informa como se está progresando até na maneira de pedir debido a que... la sensibilidad moderna no se aviene con A misteriosa e incógnita Valura (49)aquellas exhibiciones de lacras, miembros distorsionados, mutilaciones y lacerías semejantes con que se movían los corazones de las gentes que nos precedieron.

Las "fábricas" de anquilosis de miembros, instaladas durante bastante tiempo por las tierras de Pino, viejas tierras de avispados "baluros" han ido "cerrando, porque no era ya negocio hacerse una herida y mantenerla viva durante algún tiempo debido a que os tempos cambian e tamén comeza a estar gastado o procedemento de portar nos brazos a un neno propio ou alugado, hoxe, é máis moderno entregar unha tarxetiña na que se solicita esmola porque, por exemplo, na familia a mai está no hospital, o pai sen traballo e os fillos cada un sofre unha desgraza distinta. Este é o contido resumido do artigo.

Trapero Pardo está tratando, dunha maneira velada, da desaparición dos Valuros como mendicantes a causa dun cambio importante nos tempos, que vén a necesidade de andar con eles, de aí a aparición dunha nova forma de pedir esmola que consiste na entrega dunha tarxetiña na que se explicitan os males que lle acaecen á familia do que pide esmola. Hai, xa que logo, un cambio importante na sensibilidade da xente, o que supón a desaparición dunha maneira determinada de pedir caridade que durou séculos e séculos e na que eran moi habelenciosos os Valuros.

O autor tamén trata das distintas formas de pedir axuda para que levase consigo socavar nas conciencias mediante eivas físicas, mutilacións, cortes, traumas e fracturas que exacerbaban os sentimentos dos doadores de esmolas.

Continúa Trapero Pardo sinalando como o último reduto Valuro estaba instalado en Pino, parroquia de Cospeito, e como deseguido está desaparecendo por mor de que as tales "fábricas" de mendigar "instaladas durante bastante tiempo por tierras de Pino, viejas tierras de avispados "baluros" han ido cerrando, porque no era ya negocio hacerse una herida y mantenerla viva durante algún tiempo". Quérenos dicir o autor que desaparecen os esmoleiros que levaban consigo o nome de Valuros, nome que, como antes dixemos, non lles pertencía, aínda que fosen eles os posuídores en exclusiva desta denominación, mais morrendo a profesión, fai tamén que morra o nome ou quede como un nome para o recordo, porque xa non é negocio facerse unha ferida e mantela viva durante un certo tempo para sorprender da desgraza a todos os que lles solicitan unha esmola.

Resumindo, vemos como a palabra Valuro morre, froito da desaparición dos esmoleiros aos que alcumaban Valuros, que eran os suxeitos que recibían este nome porque os semas da palabra, que significaba habitante da Valura, pasa a significar única e exclusivamente indixente e mendicante que vive na Terra Chá.

Salve Valuria!

NOTA:
EL PROGRESO.- Ano XLI, Nº 12751, 1948, 11 agosto, páxina 4.

Texto: Xosé Otero Canto
Fotografía: Anxo Grande Penela
Otero Canto, Xosé
Otero Canto, Xosé


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES