Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A falta de diñeiro, solucións enxeñosas

viernes, 26 de diciembre de 2008
Diñeiro para investimentos, para amortización de débedas anteriores e para o consumo, é na actualidade oscuro obxecto de desexo por parte de case todos, pola crise sicolóxica que nos embarga e polas restricións que aplican as entidades crediticias froito de problemas, os reais e os inventados, e froito da propia situación das mesmas entidades.

Xa que non existe diñeiro para afrontar as necesidades de crédito, as entidades fan públicas determinadas medidas froito do enxeño do que ten pouco e quere quedar ben.

Neste caso, Caixa Galicia anuncia que vai pagar seiscentos euros mensuais, durante un máximo de dezaoito meses, ós novos clientes que sexan traballadores por conta allea e se queden en paro. Terán que comprometerse a ter domiciliada a nómina durante tres anos, e este subsidio terá un custo de 220 euros ó ano, que no primeiro ano asumirá a entidade.

Haberá tamén seguros de pago de hipoteca ós que contraten un novo préstamo, préstamos ós inquilinos que non dean pagado as súas cuotas, seguros para propietarios por impago da renda ou danos ós inmobles.

Tal como está de depauperado o mercado, non parece que estas novas medidas vaian ter unha aceptación entusiasta, pero polo menos son intentos de poñerse ó día nun sector e un tempo no que o marasmo é total.

A economía doméstica que a todos nos afecta non se moverá mentras non haxa diñeiro en circulación. O que ata agora se está facendo son parches –neste caso parches novedosos, chocolate do loro- que evidencian que falta o principal, o diñeiro.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES