Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Portomarín é maxia

miércoles, 15 de marzo de 2023
Os vindeiros 24, 25 e 26 de marzo Portomarín será a capital mundial do ilusionismo, acollendo o I Festival Internacional de Maxia Conde de Waldemar. Hai tempo que souben deste home chamado Manuel Rodríguez Saá que viu a luz primeira na parroquia de Bagude. De alí saíu cunha idea en mente: triunfar e ser rico. Aos seus veciños seica lles dixo que se ían decatar de cando volvía porque escoitarían bombas de palenque. Certo día que non cadraba con ningún festexo, Bagude encheuse de bombas: volvía Manoliño e con el a ledicia.

O seu bo facer tróuxolle o apodo do Houdini galego. Foi famoso en todo o mundo e ademais non esqueceu nunca ao seu Bagude, a onde viña con frecuencia e o lugar onde sempre quixo acabar. Co éxito logrado nunca dubidou en actuar para a súa propia tribo, contaxiándolle a súa ilusión.

Waldemar é un referente en todo o que ten que ver co mundo da maxia, e por suposto debe ser unha bandeira para Portomarín. Neste sentido temos que intentar que este festival calle como o fixo, por exemplo, a festa da Pascua porque é a maneira de darnos a coñecer ao mundo a través de referentes fundamentais coma Waldemar. Ogallá moita xente se anime a vir á vila e desfrutar dunha maxia que sen dúbida é máis intensa no recordo a Waldemar ou ao Manoliño de Bagude.
Santalla, Iago
Santalla, Iago


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES