Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Día da muller

jueves, 09 de marzo de 2023
Como cada 8 de marzo, Día Internacional da Muller, a Xunta de Galicia volve reivindicar a necesidade de avanzar cara unha igualdade efectiva e real entre homes e mulleres que nos permita alcanzar unha sociedade verdadeiramente xusta e democrática: a sociedade do futuro.
Día da muller
Recoñecida oficialmente pola Organización das Nacións Unidas en 1977, esta efeméride xurdiu por primeira vez das actividades dos movementos laborais a principios do século XX en América do Norte e en toda España á fin de eliminar toda forma de discriminación cara as mulleres, promovendo o seu empoderamento e conseguindo a súa plena participación na sociedade.

Máis de cen anos despois todo cambiou, pero algunhas cousas menos ca outras: as desigualdades, aínda que distintas, continúan. Nun contexto no que a evolución do mercado laboral está marcada pola incursión de internet e as novas tecnoloxías, no que todo pasa por un proceso tecnolóxico, un 37 por cento das mulleres do mundo aínda non teñen acceso a el.

Esta desigualdade foi a que levou á ONU a escoller este ano como lema para conmemorar este 8M "Por un mundo dixital inclusivo: innovación e tecnoloxía para a igualdade de xénero", que serve de paraugas para unha xornada que intenta crear conciencia e que homenaxeará a activistas e organizacións que loitan por unha tecnoloxía e unha educación transformadoras para mulleres e nenas, explorando os efectos da fenda dixital de xénero no crecemento das desigualdades sociais e económicas.

A Xunta de Galicia leva anos traballando e apostando pola promoción das vocacións STEM -a ciencia, a tecnoloxía, a enxeñaría ou as matemáticas- entre as nenas e as mozas para rachar coa fenda de xénero e cos estereotipos que aínda persisten hoxe en día. Para iso, resulta fundamental consolidar o enfoque de xénero e o fomento da incorporación e promoción profesional das mulleres neste ámbito.

Pero nun día coma o de hoxe tamén cómpre poñer de manifesto a importancia de protexer os dereitos das mulleres e das nenas en espazos dixitais, abordando a violencia de xénero en liña. Galicia deu pasos legais significativos neste eido ao aprobar, no ano 2021 e por unanimidade, unha reforma lexislativa que incorporou a violencia de xénero dixital como unha forma de violencia máis.

A loita por acadar unha igualdade real -que chegue a todas as institucións e elos da sociedade- leva un longo camiño percorrido; sen embargo, as cifras indican que aínda queda moito por facer e a realidade evidencian que cada día é unha pequena vitoria nunha vida de loita.

Hoxe, e os 365 días do ano, queremos reivindicar que a igualdade achega novas perspectivas, talento, creatividade e máis oportunidades en calquera ámbito, polo que reiteramos o noso compromiso cunha ciencia do futuro que sexa feminista, integradora e humanista que redundará no progreso e no desenvolvemento real da sociedade.

(Declaración institucional da Xunta de Galicia no Día da Muller)
Xunta de Galicia
Xunta de Galicia


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES