Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Á beira do Camiño: Volve a Misa do Galo a Lugo.

miércoles, 24 de diciembre de 2008
Regresa, neste Nadal, á igrexa/nai da diocese de Lugo, á súa catedral/basílica, por idea e iniciativa persoal do seu bispo, D. Alfonso, que será quen a presida, á media/noite (00.00 horas), do ante día do Nadal. Despois da cea da Noiteboa. Persoalmente, alédame a boa nova. Sei que tamén se van aledar as persoas maiores que a festexaron desde nenos nas súas parroquias e vilas do mundo rural galego. Foi un Acontecemento gozoso, moi esperado e ben celebrado, perante moitos anos, en case todas as parroquias das nosas vilas e comunidades parroquiais. En todo o mundo cristián de Occidente. ¡Oxalá perdure nestes tempos tan desnortados e tan mediatizados pola propaganda e o desaforado consumo. Mesmo diante a tan cacarexada escaseza e crise.

A tan loada e valorada tradición, está a ser, na actualidade, escandalosamente manipulada, con intentos claros e visibles de que sexa eliminada da nosa vida. Abondan sinais. Resístome a crer sexan froito de intereses creados ou da mala fe. Quizás abonde a ignorancia, o mimetismo que chega de fóra e da inconsciencia. Ou mesmo que non chegasen a entender o gran valor e a riqueza da nosa cultura, tan profundamente arraigada nas nosas vidas, costumes, tradicións, arte, musica e mesmo en case todos os xeitos da nosa vida. Por enriba da fe e de crenzas.

Velaí algunhas mostras das incongruencias e contradicións dos nosos dirixentes: Nas luminarias das prazas, rúas e edificios públicos desapareceron as figuras/clave do Misterio do Nadal: O Neno, María, Xosé, anxos, portal, pastores, ovellas...Só deixaron as estrelas. (Estrelas que o mesmo poden representar graduacións militares, bandeiras de Israel e/ou de ideas e partidos políticos de esquerdas coma as de Belén) Un chega a se preguntar: ¿Que razóns haberá para este cambio tan deformador da realidade!? Proliferan cascadas, barras. figuras, que tanto poden servir para festas do entroido coma para calquera outra festa gastronómica das que abondan neste noso país das contradicións. Aínda máis: As músicas que se oen soan a importadas de fóra tendo boas, fermosas e abundantes panxoliñas na Terra. E despois, mendigan por Madrid axudas para manter o idioma e a cultura propias..¡contrastes!.

A ver se é posible manter, polo menos, a Misa do Galo para celebrar, de xeito relixioso e moi digno, o que se considera o Cumio do Nadal (o aniversario do Nacemento de Xesús) que ven ser a esencia do resto das ricas tradicións. O vello e significativo “tizón do Nadal” signo de conservar “aceso/vivo” o Lume Novo (Xesús) que ven ser a Luz, o Sol que chega na sinxeleza dun Neno ( despois será o Cristo Resucitado da Pascua) terá que ir desaparecendo pola falla das cociñas de lareira que xa non hai. O significado da misa do galo, descríbeo esta fermosa panxoliña da Zona de Sober e o Saviñao que pertence (e poden atopar) na ampla e extensa colección de “Cantos do Nadal “ de “Galicia canta ao Neno” (Fuxan os Ventos e A Quenlla)

Serva esta panxoliña como felicitación persoal do Nadal e mensaxe/anuncio do que temos de facer ante o mundo tan cruel e insolidario que se resiste a compartir os seus bens cos que chegan, ao xeito do neno Xesús, espidos, famentos e pobres, en caiucos e/ou sen papeis, ou andan deambulando por España adiante (coma pobres de pedir polas portas) á procura de traballo para poder sobrevivir...E nosoutros durmindo nos nosos egoísmos á vista de tantos irmáns sen teito, sen pousada e sen un bocado de pan que levar ás súas bocas famentas. ¡Cómpre reaccionar e sermos solidarios!. ¡Bo Nadal e feliz Noiteboa, na compaña da familia!.

“Aló, á media noite, cando o galo canta, nunha vila santa, que chaman Belén; nunhas pobres pallas, nun pequeno estabro, naceu, malpocado, ¡Xesús. noso Ben! E cheíño de frío non tiña a ninguén e dáballe alento a mula e o boi. ¡E vosoutros, rapaciños, cheos de gozo, ide a buscar: algunhas cousiñas que ó noso Meniño poidamos levar”
Mato, Xesús
Mato, Xesús


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES