¡Tanto que agradecer!
Cachaza Platas, Mercedes - jueves, 09 de marzo de 2023
Estou pensando que debería haber unha asignatura obrigatoria no ensino para cultivar o agradecemento.
Realmente saenleis e máisleis de educación e ningunha ten en conta algo de tanta valía como é O AGRADECEMENTO.
Enténdese que xavai implícito noutras asignaturas, ou que se aprende na casa; pero a verdade é que á hora de agradecer, todos nos quedamos cortos.
-¡QUE BEN SE VALORA A INFANCIA QUE É AGRADECIDA COS SEUS PROXENITORES!
Que os veneran, que os tratan con cariño,que saben que son o máis importante para eles nasúa crianza...
-¡QUE BEN FAN OS FILLOS ADULTOS QUE VISITAN E ATENDEN ÓS PROXENITORES NA SÚA ANCIANIDADE!
Se poden atendelos directamente, mellor que mellor.
E se non, porque a vida presenta complicacións, chámanos por teléfono diariamente, visítanos frecuentemente e levan conta de como se encontran, se necesitan algo...
-¡QUÉ BONITO CANDO OS EXALUMNOS SE ENCONTRAN COS SEUS MESTRES MOSTRÁNDOLLES: RESPECTO, ADMIRACIÓN, CARIÑO, AGRADECEMENTO!
Porque saben valorar o botrato que recibironnasúa infancia e máis a preparación recibida para defenderse na vida.
-¡QUE MARAVILLA CANDO SABEMOS AGRADECER O GRAN REGALO QUE É A VIDA!
Cando comprendemos que é sagrada, que se nos regala para disfrutala en comunidade compartíndoa coas persoas coas que convivimos no día a día.
-¡QUÉ MARAVILLAAS PERSOAS QUE SABEN AGRADECER todo canto reciben das outras persoas!
Son ben nacidas.
-¡CANTO NON DEBEMOS AGRADECER A SAÚDE FÍSICA, MENTAL E ESPIRITUAL!:
Sábese ben cando estamos enfermos ou somos coiadores, cando vemos persoas con discapacidades de todo tipo, cando a moral e a ética brillan pola súa ausencia...
¡Que menos que agradecelas cando a disfrutamos!
-¡CANTAS GRAZAS TERÍAMOS QUE DAR POR NACER NORMAIS.
Con tódolos órganos e tódalas facultades mentais en bo estado!
Son as mellores ferramentas que a vida nos regala para disfrutar do gozo de vivir.
-¡QUE AGRADECIDOS DEBERÍAMOS ESTAR POR TER UN CENTRO EDUCATIVO onde mandar a xente nova e non tan nova para que disfrute formándose!
¡Canto valor ten!
-¡QUE AGRADECIDOS DEBEMOS SENTIRNOS OS CATÓLICOS POR TER UNHA PARROQUIA onde xuntarnos os domingos, outódolos días, naigrexa parroquial para formar comunidade convidados a compartir a Palabra de Deus e o Pan de Vida.
¡Canto mérito teñen os cregos que se multiplican para que non se pechen igrexas pola falta de vocacións ó sacerdocio!
¡QUE VIDA TAN ENTREGADA!:
-Traballando os domingos e festivos e tamén pola semana cando son necesarios os seus servizos.
-Vivindo sós case sempre.
-Renunciando a formar a súa propia familia.
-Cobrando o soldo mínimo interprofesional.
Realmente a vida do sacerdote é máis sacrificada do que parece.
Ten moito mérito a súaresposta á vocación sacerdotal.
¡Grazas, sacerdotes!
-¡CANTO DEBERÍAMOS AGRADECERPOR TER UNHA SANIDADE PÚBLICA OU PRIVADA que cuida a nosa saúde!
Moitos países desenrollados non gozan deste inestimable servizo.
-¡CANTO AGRADECEMENTO PARA AQUELAS PERSOAS QUE TRABALLAN DE NOITE!
Os panadeiros, os periodistas, as forzas de seguridade, as persoas que traballan a turnos, o personal de institucións penitenciarias, o personal que se dedica ó rescate de persoas, os dos centros de protección de menores...
Etc...
¡Temos tantos e tantos motivos para agradecer!
Pero a veces pasámolos por alto.
"SOMOS ASÍ"
Este será o título do seguinte artigo.
Moitas grazas por terme na súa consideración esta ocasión.

Cachaza Platas, Mercedes
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora