Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

O mar vai en nós (Xosé Lois García)

Santalla, Iago - miércoles, 08 de marzo de 2023
Hai pouco, nas portas do Nadal, escribía sobre "Unha cunca de caldo quente" de Xosé Lois García. Aquel artigo trouxo a chamada feliz do prolífico amigo que me pedía un enderezo para un novo agasallo: "O mar vai en nós (haikais)".

Trátase dunha lembranza do que foi a catástrofe do Prestige a través de vinte haikais acompañados doutras tantas ilustracións de Xosé Randolfe Vilariño. Un libriño pequeno do que custa moito pasar as páxinas porque o haikai de García lévate á ilustración de Randolfe e esta lévate novamente a reler o haikai. Trátase, entón, de espertar e remover todo aquilo que trouxo aquela traxedia. Cómpre dicir que García fai un libro de denuncia ecoloxista, aínda que, ante aquela incompetencia e aquela soberbia é difícil separar ecoloxía e política...

Unha nova aportación para analizar un dos momentos máis críticos da Galicia do século XXI dende a poesía e a ilustración. Aquela traxedia precisa dunha análise interdisciplinar. Pois aquí fican para sempre as fontes puras de Xosé Lois García e Xosé Randolfe Vilariño.
Santalla, Iago
Santalla, Iago


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICIDAD
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES