Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A misteriosa e incógnita Valura (48)

viernes, 03 de marzo de 2023
Os últimos reductos Valuros

En Montevideo e cunha crónica de Trapero Pardo, tamén Valuro onde os haxa, e atravesando a principal arteria montevideana, os vendedores das rúas ofrecen cousas inesperadas. Moi cerca do rañaceos do Palacio Municipal hai un suxeito cun carriño e con xesto de doente e enfermo pobre ao que as xentes do campo lle van entregando unhas moedas. Nesta situación, comeza Trapero a falar dos Valuros:

Allí se pasa horas y horas del día, pero, al llegar la noche, el "inválido" mueve su carro y se va al apartamento -que es de su propiedad-, cambia de ropa y sale otra vez, bien vestido A misteriosa e incógnita Valura (48)ya y marchando firme, a cenar a una "parrillada" y a alternar acaso con los mismos, que pocas horas antes, depositaron en su platillo una limosna. Copia fiel el pícaro de aquellos "baluros" de la Tierra Llana o de los que, en tiempos más recientes en Pino o en Duarría su clan dedicando épocas del año a la mendicidad y a fingir enfermedades, pasando el resto trabajando en sus propiedades.

Segundo Trapero Pardo, nado en Castro de Rei, e do que presupoñemos coñecemento xeográfico, parece ser que hai dúas clases distintas de Valuros:

1º Por unha banda temos "el pícaro de aquellos baluros de la Tierra Llana".

2º Por outra están, os que aínda non hai moito tempo, localizábanse en Pino ou en Duarría:
Su clan dedicando épocas del año a la mendicidad y a fingir enfermedades, pasando el resto trabajando en sus propiedades.

Observamos daquela, como o autor parece querer distinguir entre os pícaros que habitaron toda a Terra Chá ou Valura que se acercan máis a aqueles sacerdotes, médicos, compostores e albeites tamén dedicados á maxia, que recollen os autores ao longo da historia como tribo enfrontada á Igrexa e que serían Valuros, amén do resto das persoas que pasarían desapercibidas nos seus traballos e quefaceres cotiáns, sen meterse en ningún destes fregados, e que serían os verdadeiros Valuros.

Por outra parte, achariamos os novos pícaros, ou quizabes os herdeiros dos ancestrais Valuros, que agora se atopan tan só nas parroquias de Pino e Duarría formando un clan, do que xa nos falou Mato Vizoso, como conformadores de confrarías, mais estes parecen, máis ben, dous grupos sociais, quizais constituídos por varias familias da mesma orixe e que posiblemente obedeceran a un xefe que aglutinaría os intereses comúns deste xente que se dedicaría á mendicidade. Do clan que estaba establecido na parroquia de Pino, temos constancia, porque miña mai, que en paz descanse, dicíame que a maior parte dos pobres que viñan pedir á casa, xa desde tempos do meo avó Enrique, eran de Pino; tamén o meu sogro, Antonio, con 98 anos de idade, faime constar que todo isto é verdade e que había moita xente desta parroquia que tiña como oficio o ser esmoleiro.

Tanto Mato Vizoso (1846-1909) como Trapero Pardo (1900-1995) constatan estes últimos redutos valuros. O primeiro deles, Mato Vizoso, de 1846 a 1909 sitúaos nas parroquias de "Momán, Roás y Muimenta (todas en Cospeito)" e que simulaban unha especie de confraría, saíndo polo verán dous ou tres meses e dicíase que "ían a Valura".
De setenta a cen anos despois, aproximadamente, tendo en conta que Trapero Pardo publica o seu artigo en 1965 e morre en 1995, constátanos que "en tiempos más recientes en Pino o en Duarría", parroquias de Cospeito e Castro de Rei, respectivamente, é a localización do que queda dos Valuros mendicantes que tamén forman, non a confraría á que alude Mato Vizoso, senón un clan tamén dedicado "en ciertas épocas del año", que non se especifican, "a la mendicidad y a fingir enfermedades". O resto do ano dedícanse a traballar as súas terras, asunto no que coinciden ambos os dous autores.

Os Valuros que ocupaban e ocupan toda a Valuria ou Terra Chá, sen présa pero sen pausa, ven como o nome que os designa vaise eliminando e vai designando, única e exclusivamente, ás persoas que exercen a mendicidade, herdeiros quizabes dos feiticeiros, sacerdotes e médicos celtas cunhas profesións moi dignas e supoñemos que moi recoñecidas, vaise substituíndo ese nome de Valuro para abranguelo unicamente ás persoas esmolantes cuxos últimos redutos abranguen as parroquias que cita Mato Vizoso e Trapero Pardo, semellando que os Valuros pertencen soamente aos concellos de Cospeito e Castro de Rei, cando a realidade e ben outra, os Valuros son os habitantes da Terra Chá, -nome que aquí reivindicamos-, nome que foi roubado polos esmoleiros e indixentes que o acuñaron en exclusividade, non eles, senón o resto dos pobos para designalos, e que morre coa desaparición dos últimos mendicantes destes dous concellos.

Xa é hora de que o nome co que antes se lle chamaba a esta "valadura" de montañas volva a ter a denominación primixenia por enriba do de Terra Chá porque así se lle chamou dende sempre, Valura ou Valuria.
Salve Valuria!

Texto: Xosé Otero Canto
Fotografía: Anxo Grande Penela

NOTA:
EL PROGRESO. Ano LVIII. Nº 17980, 1965, 28 de maio, páxina 4.
Otero Canto, Xosé
Otero Canto, Xosé


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES