Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Cando a literatura infantil e xuvenil ten moito que dicir... por exemplo da etapa coruñesa de Picasso

jueves, 02 de marzo de 2023
Marcos Calveiro, hoxe tamén editor de Galaxia, é un escritor bastante centrado na literatura infantil e xuvenil, aínda que non só. Calveiro gusta de traballar a ficción con personaxes históricos, fíxoo en Fontán (o home que cartografou a patria por medio da Carta xeométrica de Galicia) e con esa novela acadou o premio Repsol de Narrativa Breve. Centrándonos no mundo da arte, escribiu O pintor do sombreiro de malvas ao redor dos últimos tempos de Van Gogh, que lle valeu o premio Lazarillo e Cando a literatura infantil e xuvenil ten moito que dicir... por exemplo da etapa coruñesa de Picassoposteriormente Pablo e as pombas sobre os anos da Coruña (1891 a 1895) de Pablo Picasso.

Unha obra moi documentada pero sen perder nada da ficción precisa.Comeza cunha cita do artista "A calidade dun pintor depende da cantidade de pasado que leve dentro." Un primeiro capítulo titulado "O outono do Minotauro" sitúanos nos tempos finais do artista cunha unha pléiade de xornalistas rodean a casa, agardando pola nova da súa morte. El, con máis de noventa anos, móvese polo obradoiro fogar, entre a obra espallada: bronces, óleos, bosquexos, gravados, cerámicas, debuxos, bronces... "páxinas do diario da súa existencia", ante o último autorretrato pensa que nada queda daquel rapaz que un día de outono chegou á Coruña e lembra aqueles tempos "onde o portento deu os seus primeiros pasos." Un repaso polos días, as compañías, a familia, os amigos, aquela primeira descuberta do amor por aquela rapaza (AMG mil veces repetidas as iniciais) que acudía ao Eusebio da Garda acompañada pola aia que non a deixaba a sol nin a sombra e á que conseguiu namorar, a morte da irmá pequena e aquel intento de chegar a un acordo don Deus, as malas notas no instituto e o recoñecemento -por parte de todos- na faceta artística que comeza a desenvolver, os retratos da familia, as pinturas do médico Pérez Costales e daquel responso en San Amaro que durante moito tempo se chamou bautizo ata confirmar que se pintou xustamente o día do enterro da irmá. O pequeno Pablo observa a inseguridade do pai ao que unha mala crítica o deprime, fronte á seguridade de Brocos ou a propia alegría de Pablo ante o lenzo, sen importarlle o que os demais opinen. Lembra a pintura das pombas de seu pai que el completa, os cadernos que vai enchendo e as aprendizaxes en relación á vida e a arte, lembra os elementos galegos como a boina ou a gaita que ten introducido nos seus cadros, lembra ata o seu nacemento... aquela maneira de nacer morto ata que seu tío -un médico moi novo- o esperta co fume do seu cigarro, esa irmá á que el non pode salvar que buscará ao longo da vida en cada filla, en cada muller, nesa imaxe da nena guiando ao Minotauro porque ela virá dende aqueles días a buscalo...

O último capítulo "O Minotauro e os olas" retoma ese presente do final de Picasso volvendo a vista atrás para recordar onde está a obra realizada na Coruña e gardada pola nai e a irmá, agora doada ao museo catalán, volve aos pais e compara as súas relacións familiares coas propias nas que o peso da xenialidade esmaga os fillos (como un Saturno que os devora, a pesar do afecto e do coidado que cada noite poñía en revisar que continuaran respirando), recorda como marchou da Coruña cunha presada de area no peto... e agora séntese nun areal co mar batendo nos cons, o mar da infancia que aprendeu a tourear no Orzán e o vello danza, unha vez máis.
Sampedro, Pilar
Sampedro, Pilar


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES