Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Sacerdotes? Para que comunidades? Para que igrexa? Para que mundo? (4)

viernes, 03 de marzo de 2023
11. A INTELIXENCIA RACIONAL COGNITIVA MENTAL. Perfilemos conceptos: "Os pensamentos son un diálogo interno que se produce no noso cerebro de forma incontrolada. Van e veñen rapidamente. Por iso a maioría das veces nin nos dá tempo de cuestionalos. Pero eses pensamentos determinan como sentimos e como actuamos. A psicoloxía cognitiva traballa sobre a premisa de que son os nosos pensamentos os que "activan" as nosas emocións e en consecuencia os nosos actos". Orientación dun entendido: "A realidade non se pode cambiar pero si os nosos pensamentos sobre ela. Aprendermos a detectar os pensamentos que están boicoteando o noso benestar, aí está a clave para cambialos e en consecuencia sentírmonos mellor e actuar a favor do noso benestar e o noso crecemento persoal". (1) Iso serve para resolver problemas e avanzar cara os nosos obxectivos e rexer e orientar toda a vida en todas as súas dimensións. Pero debemos estar nun proceso continuo de reflexión consciente e de crítica positiva para a liberación e a catarse das "distorsións cognitivas, dos pensamentos automáticos, das ideas tóxicas, obsesións, inseguridades, etc".
O psicopedagogo Bernabé Tiernopropón e analiza acertadamente: "Sana-mente, mente sana": Liberar a mente.
A psicoloxía actual céntrase mais ben en axudar ao paciente a depurar e deixar de ter pensamentos negativos que amargan a vida e aprender a cambialos por pensamentos positivos e entusiasmo asentados con realismo nas verdadeiras utopías een estudos seriosda realidade e da temporalidade, validados e completos. Palabras sagradas dun preso nun capo de concentración nazi: "E cando non podemos cambiar as circunstancias, si podemos cambiar a nosa maneira de enfrontarnos a elas". (2) E por suposto temo e de ter en conta a autorrealización e espiritualidade da que nos fala A. Maslow.
A psicoloxía humanista e cognitivo-conductual, nesa corrente positiva, analizan a fondo a importancia do mundo emocional das persoas.Porque o éxito e a felicidade dependen máis da intelixencia emocional e mesmo da intelixencia social".

12. O QUE É A INTELIXENCIA EMOCIONAL.
Por iso quero pararme na intelixencia emocional e tamén na intelixencia social. Hai nelas unha vida real moi diferente cando se percebe desde os ollos do corazón. (Ef 1, 18). "Esquecemos a miúdo a corporalidade, a intelixencia emocional e o sistema relacional".
A intelixencia emocional concirne a procesos cognitivos para a resolución de conflitos, sendo máis introspectiva e buscando modificar os procesos que unha persoa activa antes de interaccionar. Definición: "Facerse ben consciente un mesmo dos propios sentimentos e emocións que me habitan e como se proxectan cara aos demais e Identificar cada unha delas. Filias e fobias. Coñecelas e xestionalas adecuadamente a prol dunha persoa verdadeiramente adulta e libre, non sectaria, liberadora, e a prol dun equilibrio psíquico, persoal, integral e integrador".
E segue este autor: "Unha persoa con intelixencia emocional é unha persoa sensible e capaz de percibir a sensibilidade dos outros, comprendendo como funciona. Deste xeito, é unha persoa empática, capaz de entender que activa as emocións dos demais. isto é precisamente a intelixencia emocional. (3)
Nesta sociedade en crise estrutural e tan ansióxena hai unha epidemia xeneralizada de depresión e ansiedade na poboación xeral.
A farmacoloxía cada vez perfecciona máis un maior número de sustancias coas que intentan frear esa tristeza que o invade todo. E ben vinda sexa a ciencia! Pero a maioría das veces resultan pouco efectivas a pesares de que foron deseñadas por científicos de gran nivel. Porque non van ao celme da persoa e non solucionan o problema de fondo.
Por aí vai o camiño cara ao benestar interior equilibrado e equilibrador. Ás veces somos nós os nosos propios inimigos.

E AGORA XA É OPORTUNO PREGUNTÁRMONOS MOI SERIAMENTE: Cando se afrontaron en serio nos nososseminarios e logo na vida pastoral e con verdadeira competencia psicolóxica a afectividade e a sexualidade como integradoras da verdadeira personalidade e a liberación das esquizofrenias psico-pedagóxico-culturaistan insistentemente introxectadasademais das persoais e patolóxicas sen diagnosticar? E cando a nós, como educadores e pastores, nos formaron para acompañar debidamente os procesos persoais e evolutivos, integrais e integradores para unha personalidade adulta? Non estaremos moitas veces obstruíndo con espiritualidades evasivas a orientación que corresponde a outros profesionais especializados? Xa sei que tamén aí hai que seleccionar 'os entendidos'. Pero esa é a nosa labor. Se buscamos un bo fontaneiro por que non saber cara onde podo suxerir e orientar posíbeis solucións a problemas nos que vai toda a vida e felicidade das persoas e mesmo das familias? Por iso toda relación de axuda e xa non digamos a "confesión" ou sacramento do perdón esixe en nós as tres actitudes básicas das que fala Carl Rogers: 1ª. Autenticidade: Coherencia persoal co que se é e como se actúa. Nunca dobres sentidos ou actuacións. Non condutas non honradas. 2ª. Aceptación incondicional e Consideración Positiva: non prexulgar, nin etiquetará persoa que busca axuda. Escoita activa e serea. "Canto máis afianzada estea esta actitude no terapeuta maiores as posibilidades de lograr éxito na terapia. 3ª. Comprensión empática: percibir os sentimentos e significados persoais de quen se achega pedindo axuda. Percibilos "desde dentro": se eu estiver nestas circunstancias, non sería e sentiría así? (4)
Fernando Belo, biblista, avisa dun perigo: O sistema capitalista baleirou de contido evanxélico a vida de fe e o seguimento de Xesús de Nazaré. Pero conservou moi ben, iso si, as formas verbais e o discurso exclusivamente formal, como envoltorio tramposo dunha pseudoespiritualidade burguesa, aquietadora de malas conciencias. Unha trampa esencial e existencial.
Algo diso pode pasar cos formadores do clero e co clero como formadores: O Papa Francisco avisa moito na AmorisLaetitia, nº 37, de non caer no perigo da manipulación e suplantación das conciencias. Que produtos sacamos entón? Xente desquiciada, resentida, amargada e desquiciadora? Sen capacidade de liderado, onde acaban? "Directores" espirituais, mestres de nada?

13.- A INTELIXENCIA SOCIAL. A DIMENSIÓN RELACIONAL. Vexamos agora a intelixencia social é a capacidade de comunicarse, entenderse e relacionarse con outras persoas desde unha postura asertiva e empática.
Definamos: "A Intelixencia Social é aquela parte da intelixencia relacionada coa capacidade de establecer conexións sas e produtivas desde as que existe unha corresponsabilidade. É a capacidade de levarse ben cos demais e conseguir que cooperen entre si".
Todo iso co fin de garantir o equilibrio na convivencia. É a intelixencia que usamos para detectar motivacións, intencións, estados psicolóxicos relevantes para o outro ou para un propio. Este concepto relaciónase directamente coa intelixencia emocional, aínda que son dúas ideas diferentes. E é que a intelixencia social forma parte do coñecemento persoal de cada un. Con todo, pode ser adquirida e practicada.
Atendamos a isto que vale pra todos pero para o sacerdote é moi aquelado: "As persoas intelixentes socialmente son capaces de formarse unha imaxe externa acorde co rol que debe interpretar e en concordancia consigo mesmos. Sendo capaces de conectar co que se espera deles e co que realmente son. Deste xeito, pódense mostrar sinceros ante a persoa ou persoas que atendan, adoptando á vez unha conduta empática e de consenso.
Algo esencial: "O diálogo é de vital importancia e todo iso, ademais, contribúe positivamente ao crecemento persoal de cada individuo. Unha persoa con intelixencia social é eficaz en calquera contorna. É capaz de determinar rapidamente cal debe ser o seu papel ou rol dependendo do ambiente. Deste xeito asegúrase unha comunicación asertiva, sen estrés e conciliadora. A intelixencia social ocúpase doutras áreas como a expresión, a aprendizaxe consecuente a comunicación externa, o diálogo, escoita ou a conciliación. A intelixencia social parte da observación, da escoita activa, da percepción inconsciente que temos sobre unha relación ou varias. E cando iniciamos unha relación social, adherímonos a varias conclusións, pensamentos ou simbolizacións compartidas e comúns".
Xa para concluír este epígrafe: "Grazas ás neuronas espello, que nos permiten detectar emocións nos demais, podemos construír relacións baseadas na empatía e o entendemento. Ter un cerebro social é ter a capacidade de recoñecer os sentimentos dos outros e sentírmonos "identificados" cos demais. Neste contexto pode aparecer o contaxio emocional".

14.- ENTÓN, CONCLUÍNDO: DA INTELIXENCIA SOCIAL E DA RELACIONAL, QUE? É posíbel traballar as nosas propias habilidades para converternos en 'persoas intelixentes socialmente'. Así, por exemplo, podemos empezar por traballar con estes aspectos persoais: Auto coñecemento das necesidades. Conciencia propia. Expresión de ideas, conceptos e estados anímicos de maneira clara e en conxunto. Empatía. Capacidade asertiva. Interés polo outro. Escoita activa. Motivacións. Valores.
Todo isto é necesario para valorarmos a nosa saúde intelectual, emocional e social en calquera e, por suposto, a do sacerdote, bo pastor.
Interrogante esencial: Pero quen atende e coida a construción desta persoa en todas as súas dimensións e que estea no lugar adecuado, sen que se queime?

NOTAS:
1. LORENZO ÚBEDA, El método original de el arte de no amargarse la vida. Un plan para darle un giro total a al vida, ZENITH, Planeta, Barcelona 2018, p.10.
2. VIKTOR FRANKL, El hombre en busca de sentido, Herder, Barcelona 2016, 3ª. "Este autor adoita preguntar aos seus pacientes que padecen múltiples enfermidades: «¿Por que non te suicidas? E moitas veces, das respostas extrae unha orientación para a psicoterapia a aplicar: o que o une á vida son os seus fillos; ao outro, un talento, unha habilidade sen explotar; a un terceiro, quizais, só algúns recordos que paga a pena rescatar do esquecemento. Tecer estes tenues fíos de vidas rotas nunha urdimbre firme, coherente, significativa e responsable é o obxecto co que trata a logoterapia".
3. LORENZO ÚBEDA, El método original de el arte de no amargarse la vida. Un plan para darle un giro total a al vida, ZENITH, Planeta, Barcelona 2018, p. 16.
4. CARL ROGERS, El proceso de convertirse en persona. Mi ténica terapéutica, Paidós,Buenos Aires 1961, pp. 64-65.
Campo Freire, Xaquín
Campo Freire, Xaquín


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES