Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Sacerdotes? Para que comunidades? Para que igrexa? Para que mundo? (3)

martes, 28 de febrero de 2023
8. "DESDE HAI TEMPO, OS BISPOS PREGUNTÁRONSE POLA SAÚDE E O EQUILIBRIO DOS SEUS SACERDOTES. Nunha investigación de 2020 apareceron emerxencias preocupantes:
1) Un 2% exposto ao burnout.
2) Consumo significativo de alcohol.
3) Algunha exposición a estados depresivos. E do suicidio? (1) Todo se tapa. E logo inténtase solucionar culpabilizando ao suxeito.

O problema ven de antigo: "Os curas son sans, inda que viciosos, en Clarín; fortes e con tremendas mortes internas en Unamuno; poderosos de forza e de servizo, en Pereda; de boa saúde, aínda que de empecadada soberbia, en Pérez Galdós. (2) Dous exemplos: SanManuel bueno y martir, de Unamuno. O crime do Padre Amaro de José María de Eça de Queirós. (3)

9. SACERDOTES SECULARES: A SAÚDE FÍSICA. COMIDA. DESCANSO. DORMIR. COIDADOS. TEMPO LIBRE, etc.? Un mal desarreglo na organizacion elemental da súa vida e sen norma. Estar ao que cae en cada intre. Sen proxecto de vida. Só ao que veña do exterior. Saúde non coidada de novos e fracasada ben axiña por abusos varios: hipertensión, diabetes, colesterol, etc. Aburrimento ou ocupacións que non enchen ningún ideal. Daquela comezan as adicións compulsivas e evasivas: tabaco, alcohol, café, obesidade mórbida, absentismos sen sentido. Saúde en declive paulatino. Comer, dormir, descanso, tempo libre, vida espiritual, etc.?
Isto tamén pasa cos xubilados. Caen nun baleiro sen sentido. Nin lles é doado ir á misa o domingo: que fai ese aquí? Non se pode aproveitar a súa rica experiencia en algo que non sexa só presidir o culto ou estaren de 'floreiros demodé'? Como se acompañan esas etapas das persoas desde a institución? E os enfermos?
Ao sumo, coméntase un día por alguén nunha reunión que se convoca para un cento de tarefas que tampouco van cambiar nada. "Fulano está enfermo!" Hai que facer algo! Dáse conta á Delegación do Clero. Tómase nota e créase unha comisión de non especialmente documentados e adecuados para atender cumpridamente. Conciencias xa aquietadas: xa fixemos! E acabou! Pero nada efectivo, serio, eficaz e só a golpe de ocorrencias. Cambiar algo para que nada cambie.
Xa no ano 1992 a famosa revista sacerdotal SURGE, de espiritualidade e apostolado, editada polo Seminario de Vitoria, publicaba un longo artigo do sacerdote e psicólogo-clínico de Zaragoza, Mariano Galve Moreno: La salud del clero. na p. 143 di: "1º. Un dato estatístico: o 70 % de relixiosos e sacerdotes teñen baixa a autoestima". E2º.- "Unha reflexión: A falta de confianza en si mesmo seca a personalidade e empobrece a vida. Unha persoa á quen lle falta a confianza en si mesma está a dicirse sempre a si mesmo: non podo facer o que quero; non podo facer o que os outros esperan de min; no podo darlle aos outros o que queren; non son como os outros queren que eu sexa; non son como eu quero ser. Esa falta de confianza é coma unha toxina que circula pola corrente da vida, envelena a vida emocional, como a desnutrición que a mina fisicamente”. (4)

10. DESGASTE PROFESIONAL É DEDÚAS CRASES:
1º. O ESTRES: "sensación de fracaso e unha existencia esgotada ou gastada que resulta dunha sobrecarga por exixencias de enerxías, recursos persoais o forza espiritual do traballador". É de salientar que o estrés aparece como resposta a estímulos potencialmente esgotadores como pode ser un horario ou unha carga de traballo excesivos.
2º. EA SÍNDROME DO BURNOUT? "Doenza propia do ámbito laboral que se dá cando o traballador, ou traballadora, sofre un estado de esgotamento físico e mental que se prolonga no tempo e que, nos casos máis agudos, pode chegar a supor a incapacidade permanente". O "burnout" pode producirse por un traballo nonestresante pero altamente desmotivador, que inhiba as capacidades da persoa. Perda de motivación.
Os colectivos profesionais máis propensos, sensíbeis evenerábeis de sufriren esta síndrome, son: "docentes, persoal sanitario, corpos de seguridade do Estado, persoas que traballan en atención aos clientes, traballadores en tendas varias, traballadores sociais, voluntariados, relixiosos, etc.
Caeron as utopías e valores. Quen máis vulnerábel a ámbalas dúas doenzas do que o sacerdote, militantes, orientadores espirtuais, etc.? Nunca se ve o froito inmediato do grande esforzo e o desexo intenso que nos habita. Trabállase sempre, coma todos os educadores, a distancias longas. Non está a pasar iso agora con tanto exceso de responsabilidades? 25, 30, 40 parroquias na nosa Galiza rural. E as UPA pastorais? Están a seren meras novas configuracións xeográficas cos mesmos métodos, proxectos e esquemas pastorais clericalistas de antes do Vat. II? Non hai promoción e e participación activa corresponsábel do laicado desde a comunidade, nin da equipa do consello. Seguimos en ser. Cos mesmos erros e sen a nova vida. E o entusiasmo e os valores caen.
Daquela: Un cura en troques dunha parroquia ou dúas agora perde o tempo en largos desprazamentos polos camiños. Iso crea estres, non dá respostas adecuadas. E queima. Porque para estruturas novas cómpre vida fondamente renovada para responder aos novos retos que son moitos e moi variados. En de non, é mellor esmorecer. Nada nin ninguén lle está a devolver un feedback positivo, retroalimentador e entusiasmador. Iso queima axiña. E leva ao burnout: para que serve todo isto?A quen estou a axudar? E perde a motivación. Quéimase. Non hai outras solucións? Queimamos as persoas e destruímos o anuncio da mensaxe. Entre outras cousas falla unha nova orientación: Que a comunidade se auto xestione co asesoramento promocionador do sacerdote.
Pero, se non se cré neles e non lles deixamos medrar para seren adultos de verdade tamén na comunidade de fe, que esperamos? Eternos pasivos, consumidores de ritos, sen vida auténtica e dinamizadora de toda a existencia. E porén é posíbel: comunidades dinámicas a escala humana, tipo ás Xesús de Nazaré.
Desexo estenderme en algo que actualmente disociamos: Valoramos ás persoas só polo expediente académico. É moi listo! Sabe moito! Está ben. Pero da intelixencia emocional e da intelixencia social, que? Na conxunción, coordinación e desenvolvemento cabal e ben aquelado das tres está a clave construción da persoa.

NOTAS:
1. Francia: suicidio dos sacerdotes, 2020. mappanews. http://www.settimananews.it/igrexa
2. Editorial. Revista SURGE sacerdotal, de espiritualidade e apostolado do Seminario de Vitoria, ano 52. Vol 50. Núms, 534/35, p. 142.
3. Francia: Suicidio dos sacerdotes, 2020. mappanews. http://www.settimananews.it/igrexa.
4. Editorial. Revista SURGE, sacerdotal, de espiritualidade e apostolado do Seminario de Vitoria, ano 52. Vol 50. Núms, 534/35, p. 143.
Campo Freire, Xaquín
Campo Freire, Xaquín


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES