Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Luis Neira Río, meritísimo traballador

martes, 23 de diciembre de 2008
Os viveirenses teñen un grandísimo agarimo por Luis Neira Río, pero non teñen a exclusividade. Porque este impresor-xornalista faise querer polo seu trato humano, faise respectar pola súa traxectoria profesional, e faise admirar pola súa pertinaz defensa dos temas viveirenses a través das páxinas de “El Heraldo de Vivero”, semanario do que van publicados 3.630 números.

Este “Heraldo”, Decano dos Semanarios locais de España, con cabeceira propiedade da familia Canosa pero propiedade intelectual e material de Luis Neira e a súa xente, naceu en 1912 e viviu difíciles anos ata 1937 no que toda a súa redacción tivo que incorporarse ás frontes da guerra. E desde aquel ano ata moito despois (1963) non foi posible que houbera prensa local.

Foi longa e forte a loita para recuperar e manter este periódico semanal desde entón ata agora, por encima de problemas municipais ou supramunicipais, sempre levando os asuntos de Viveiro como bandeira, sempre Luis Neira gobernando unha nave difícil, sempre a Imprenta Neira como casa das letras en Viveiro.

Neira, que comezou a traballar na Imprenta Fojo viveirense en 1911 e agora ten noventa e un anos, ven de recibir unha ben merecida distinción do Ministerio de Trabajo que lle concede a Medalla de Ouro ó mérito no Traballo pola longa dedicación e pola intensidade dos seus esforzos.

Certo é que na actualidade Luis Neira xa ten continuación filial -Juan Carlos Neira Brochs- na imprenta e no semanario viveirense, o mesmo que hai outro Neira Brochs que honra os apelidos familiares no mundo da arte, pero Luis Neira -xenio e figura- segue a brillar na actualidade de Viveiro, como facendo oir a súa opinión e a súa voz desde sempre animada pola súa vocación e fervor socialista.

Lembro sempre ó Luis Neira de hai corenta anos, forte cincuentón, encendido defensor dun Viveiro con periódico; admiro a Luis Neira curtido por cen batallas coa tinta do Heraldo por munición, e quero ó vello amigo da costa que me ten dado tantas mostras de amizade na distancia.

O da medalla de ouro do traballo é un perfecto pretexto para mandarlle unha aperta, esta con trazos electrónicos, e para desexarlle que siga sendo por moitos anos feliz en Viveiro, entre os de Viveiro, e empeñado en temas de interese para Viveiro. ¡Por sempre, Luis Neira Río, do Heraldo de Viveiro, meritísimo traballador!.

Xiz, Xulio
Xiz, Xulio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania