Xente sen voz. Voces diluídas.
Santalla, Iago - miércoles, 01 de marzo de 2023
Sempre pensei e sigo pensando que temos a sorte de vivir no sistema político máis xusto: a democracia. Como se dunha moeda se tratase, a este firme convencemento sucédelle unha cruz: mágoa que un sistema político xusto non sexa capaz de derivar nun sistema económico igualmente xusto.
Tiramos do fío e vemos que a man que move todo é o sistema económico que parece que ten todo "atado e ben atado". Agora ben, sabemos cantos escanos representan a nosa provincia no Congreso? Sabemos quen os ocupa (a persoa non o partido)? Sabemos que temos dereito a presentar a través deses escanos problemas, propostas e inquedanzas? Sabemos que isto é o constitucional?
Podemos sabelo ou non pero a realidade é que os escanos dilúense na disciplina de partido como os terróns de azucre no café.
Se cadra hai que empezar a informarse e esixir...
Por certo, no Congreso Coruña ten 8 escanos, Pontevedra 7 e Lugo e Ourense 4 cada unha. A maiores cada provincia ten 4 senadores...
Queremos ter voz?
Santalla, Iago
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora