Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A Casa Museo Picasso

jueves, 23 de febrero de 2023
A Casa Museo Picasso na rúa Paio Gómez, número 14 segundo piso

Cando se busca información sobre Picasso e A Coruña van aparecendo datos. Por exemplo, dise que el sempre reivindicou a etapa que viviu nesta cidade, pero esta nace torta porque a intención do pintor era doar, na mesma medida, tanto a A Coruña como a Barcelona parte da súa obra. A cambio, pedía poñer unha placa na que fora a súa casa en Paio Gómez. En Barcelona deron ese paso e fixeron un Museo no Franquismo, cidades como Málaga (que non teñen tanta importancia na súa traxectoria pictórica, conseguiron situarse) pero o concello da Coruña só recreou unha vivenda do século XIX na que viviu a familia. Nela pódense ver 33 obras, das cales 4 son do pai e as demais A Casa Museo Picassodo mozo Picasso nos anos nos que viviu aquí, así como un gravado orixinal do artista e... debería verse o mellor cadro pintado nunca polo seu pai, un "Pombal" con nove aves. Conta a lenda que, como o seu pai estaba a perder vista, as patiñas das pombas executounas o neno, pero esta obra que formou parte da exposición de 2015 foi mercada polo museo catalán. Estas obras integráronse dentro da decoración da casa, nas diferentes estancias de uso excepto nos dormitorios.

O mobiliario non é o orixinal agás unha cadeira que o artista Abelenda doou (á Asociación Pablo Ruiz Picasso da Coruña, que preside Anxo Padín, colectivo que á súa vez llo cedeu en depósito ao Concello, propietario do piso). O avó de Abelenda foi quen promoveu a construción do inmoble e esta cadeira foi un herdo de seu pai que lla mercara ás fillas de Román Navarro (que fora axudante de Ruiz Blasco na Escola Provincial de Belas Artes da Coruña e que lle intercambia a súa praza en Barcelona). Esta cadeira pasa a ser o único obxecto orixinal de Casa-museo de Picasso. Aí debería estar ese Pombal que Picasso tentou recuperar ao longo da vida porque era a obra feita co pai, unha obra que mercaran os Saunier (donos da fábrica de gas e tamén coñecidos por Ostesberger, a compositora romántica que forma parte da familia) pero que cando marchan a Francia lle venden aos Molezún que o gardan en Juan Flórez ata que o prestan na exposición pasada e acaban vendéndoo... Sempre se di que aquilo do que non podas facerte cargo da conservación é mellor que non o des a coñecer (falamos de castros non desenterrados, por exemplo) e aquí cúmprese.

É moi importante que alguén se faga cargo da investigación e promoción dunha etapa do artista, como sucedeu na Coruña con Rubén Ventureira que nos últimos anos ten comisariado, entre outras, as exposicións Gumersindo Pardo Reguera. Inspirador de Picasso (Museo Provincial de Lugo, 2016; Palexco, A Coruña, 2017); Picasso visto por Edward Quinn (Museo Picasso de Buitrago de Lozoya, Comunidad de Madrid, 2017) e Picasso. A formación dun xenio (Yuely Art Museum, China 2018) e coescrito o libro Picasso Azul y Blanco. A Coruña: el nacemento de un pintor (en 2014, con Elena Pardo, profesora de la Escola de Arte e Superior de Deseño Pablo Picasso) e Picasso, Ramón Pérez Costales y el Colegio de Médicos de A Coruña (2019), ademais, de publicar diversos artigos sobre Picasso en varios catálogos e medios. Neste 2023, vai comisariar a mostra "Picasso branco no recordo azul". Debuxando o futuro, no Museo de Belas Artes da Coruña, xunto con Malén Gual e Antón Castro. As súas descubertas convértense en primicias como a que achegou hai uns días en relación ao medicamento que podía ter salvado a Conchita Ruiz Picasso e que está en Santiago (nas mans de Casares Quiroga) mentres o seu médico (Pérez Costales) o agarda na Coruña a onde debe chegar dende de Berlín.
Sampedro, Pilar
Sampedro, Pilar


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES