Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Eólicas electorais

lunes, 22 de diciembre de 2008
Non desconfiamos do concurso convocado para adxudicar centos de millóns de beneficios futuros polos rendimentos de parques eólicos futuros e perfectos. Non desconfiamos pero recollemos a desconfianza que anda entre as xentes galegas polo que se escoita e se ve.

Sabemos que determinadas concesións oficiais son como unha lotería que multiplica por mil ou por millóns os beneficios dun estanco ou unha administración de loterías que en tempos eran as migallas que o poder repartía entre os fieis.

Nestes momentos estase agardando a decisión oficial que adxudique esas eólicas multimillonarias, que sen dúbida serán o froito dunha decisión mesurada e consciente en base á documentación presentada, á traxectoria das empresas, ás súas contraprestacións sociais e demais requisitos que establezan os pregos de condicións.

Pero para tranquilidade xeral, esas adxudicación debían ser froito do acordo total entre as dúas forzas do goberno, que non parece terse establecido, nin siquiera iniciado. Moito máis aínda: Para ben ser, esas eólicas debían ser adxudicadas polo goberno que salla das urnas o próximo un de marzo (o conselleiro de Medio Ambiente ven de dicir que os prazos nun proxecto destas dimensión son orientativos), para que ninguén poida pensar que a adxudicación se fai de xeito apresurado nun período ben problemático.

Ata agora, o tema das eólicas só era un tema difícil polo volume e a trascendencia. Agora, ademais, é electoral. Faltan setenta días para unhas eleccións -como todas- cruciais para o noso futuro.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania