Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Entroido Ribeirao

jueves, 23 de febrero de 2023
Antroido, entroido, introido, entrudio, entroido: sexa cal sexa a denominación pola que nos decantemos o que é certo e que procede do latin "introitus", é decir, entrada, xa que se refire á entrada na Coaresma. Con esta, unha das tradicións máis ancestrais de Galicia, aldeas e vilas póñense de festa. Época de grandes e rituais comidas a base de porco (cacheira, rabo, bandullo, vincha, paiota, androllas, botelos...) eran as datas previas, ata hai non moito tempo, á total prohibición de comer carne e, asimismo, a toda festa e diversión.

Nas terras ribeireñas de Chantada o "entroido" é dende tempos inmemoriais o "Domingo de Lambedoiro", "Domingo de Corredoiro", "Domingo de Entroido" e "Martes de Entroido". A presencia dos "Volantes" chantadeses, persoaxe tradicional do "entroido" chantadés, corre perigro de apagarse camino do esquecemento ou, o que é peor, camino de se converter en figura exótica no marco dunha festa de corte moderno, que é o que está en auxe hoxendía en moitas ciudades e vilas galegas.

Un dos elementos máis importantes no entroido das ribeiras do Miño constitúeno sen dúbida a celebración dos "Oficios" ou "macallada", que así se denomina segundo a parroquia. Trátase dunha especie de breves farsas teatrais que se representan o aire libre. En principio, consisten sobre todo en parodias burlescas dos que poideramos denominar "oficios finos", non relacionados directamente coas tarefas agrícolas, como a de avofago ou médico, zapateiro ou barbeiro; ainda que nos últimos anos os temas poden ser variados, todo depende un pouco da imaxinación dos participantes.

Os "Volantes" encárganse dalgún xeito de introducir ós grupos de actores que representan as farsas, realizadas case sempre por un bo número de "mecos", entramentras os "peliqueiros" reprimen a trallazo limpio aos espontáneos nos frecuentes intentos de interrumpir ou entorpecer as representacións dos "oficios". As contundentes intervencións dos "peliqueiros" cos seus cinturóns e os "mecos" cos seus caxatos provocan con frecuencia bruscos movimentos de masas entre o público e a hilaridade xeral.

As representacións combínanse coas actuacións dos gaiteiros e con iniciativas diversas, como por exemplo soltar un porco no campo da festa e achuchalo contra a concurrencia, ou tamén botarlle ós asistentes formigas, cinsa, fariña, leite ou sulfato, costume que o longo do trmpo erguéu máis dunha liorta. Como compremento, ofréceselles os vecinos e visitantes a degustación de roscón, bica de millo ou tarta de améndoas, regada con cuncas de viño da parroquia respectiva. En Vilauxe dábanse a probar as famosas roscas de entroido.

O entroido nas riberas do Miño foise mantendo con tenacidade ó longo dos tempos e non deixou de celebrarse nin nos anos máis duros da dictadura franquista, desafiando todas as prohibicións. As persecucións e excomunións non puideron acabar co entroido, que nembargantes viuse máis tarde seriamente amenazado pola precaria situación económica da zona e a conseguinte emigración dos mozos a poboacións urbanas ou do extranxeiro. Por esta razón, non se celebraba nalgunhas parroquias dende fai anos e noutras de xeito intermitente.

A pesar de ser dado por morto en varias ocasións,pódese decir que esta celebración goza dunha relativa boa saúde. Gracias ó empecinamento dos vecinos e a asociación "Amigos do Entroido Ribeirao" manteñen viva unha tradición na parroquia de Santiago de Arriba que distingue a súa bisbarra do resto da provincia e que nada ten que ver cos carnavales urbáns ó uso da mayoría das ciudades e vilas de Galicia, a xocosa e sigular parafernalia dos "Volantes", "Peliqueiros" e "Mecos" retumba ano tras ano polos lugares da ribeira chantadesa.

Compre salientar o carácter netamente popular desde entroido rural, xa que son exclusivamente os vecinos da zona os que se encargan da súa organización. As "carautas", "O Pucho", as vestimentas e outros elementos son obra de artesáns e vecinos; as "campaniñas" que fan soar o cinto do "Volante" son as mesmas que se usaban fai varias décadas, gardadas celosamente e incluso trasmitidas de país a fillos, ou traídas de diferentes lugares da contorna e mesmo Portugal.

O maior inconvinte para a supervivencia do entroido é, dende logo, a despoboación e envellecemento dos vecinos; xa que sin xente nova non hai entroido que valga.

Os "Volantes" da ribeira de Chantada teñen certas características singulares, pero non disimulan a súa estreita relación con outras máscaras do medio rural galego e mesmo cos "Volantes" de mascaradas rurais navarras. Camisa branca, cunhas vendas cruzadas dos nocelos os xeonllos, por riba da camisa leva grandes panos de muller cruzados en cada ombreiro, completado todo o conxunto por dous voluminosos cintos con 24 campaíñas cada un. O "Volante" protéxese dos golpes destas campaniñas cun retallo de tecido de saco, por riba do cal loce unha faixa encarnada ou azul. Grande parte desta roupaxe case non se ve, por causa da aparatosidade do que teóricamente deberíamos chamara a máscara, pero que en realidade é un espectacular e colorido artiluxio que concentra a atención: o "pucho". Consiste este nunha estructura de arame e bimbio revestida con fitas e frores de papel de tódalas cores, que pesa varios kilos. Colócanse asimismo dúas monecas de xoguete e dous penachos e levan a cara tisnada de negro ou cuberta cunha antiga carauta artesanal, confeccionada en cartón duro e con papel de periódico e unha pasta de auga morma e mesturada con fariña.
Rodríguez Porto, Ramón
Rodríguez Porto, Ramón


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES