Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Decembro

lunes, 22 de diciembre de 2008
Decembro Con Decembro remata un ano, outro máis. Nin mellor nin peor. É o peor dun ciclo. O inverno está ás portas: “Tras o verán de San Martiño, chega nadal co seu inverniño”. A experiencia infórmanos do tempo que podemos agardar: “Polo Nadal, frío cordial” ou “Nadal mollado e Xaneiro ben xiado”. Cómpre porse a cuberto á beira do quente.

De comenzo, entre días festivos e santos, purísimas e constitucións, pásasenos a semana. Nalgúns centros de encino o día 10 celébrase o Día Internacional dos Dereitos Humanos, que aínda non cegaron a ter un ano enteiro e en moitos países do mundo nin sequera o propio día se respeita. O 13 é agora a Santa Lucía, avogosa das doenzas da vista. Disque “dende a Santa Lucía, mengua a noite e medra o día”. Sería antes, cando o día da santa era outro.

Tense dito que o Nadal galego non é tristeiro, mais é un Nadal saudoso, en familia, propio dun pobo de emigrantes que xuntou a parroquia dos vivos, a dos ausentes e a dos defuntos, nunha soa lembranza. Tempo de cantar os nadales ou panxoliñas, tradición xa un tanto esquecida, e de prepararse debidamente para tanta fartura, celebración e recordación.

O poeta Manuel María cantou ao Nadal facendo renacer a ilusión, o amor e a pureza que levamos máis acochada.
Agora é o tempo do Nadal.
Agora é o tempo de poñer
En pé o noso amor
E percurar a Estrela
Que nos alume sempre o corazón.
Agora é o tempo do Nadal.
O tempo da neve
E mais o da canción.
¡Agora é o tempo de encender para sempre o noso amor!

Polo 22 é a feira dos capóns en Vilalba, capital da Terra Chá, que non están mal para unha cea de Noiteboa, aínda que agora os capóns xa non vaian mantidos ao xeito antigo e artesanal. Son días de lotarías e ilusións, frustradas case sempre.

Veñen logo a Noiteboa e Navidade seguidiñas: “Esta noite é noiteboa e mañá é navidá”. Mesas fartas e cheas de larpeiradas. En tempos, pola cea de Noiteboa a senté erguíase da mesa para ir á misa do Galo. A víspera do Nadal acendíase o “lume novo” nas vellas lareiras cun groso toro que se deixaba logo apagar e retirábase para cando houbese algunha desgracia na casa. Co butano xa non hai opción.

Polo 28 son Os Santos Inocentes, tan esquecidos e que a todos, máis ou menos, nos atinxen. E pobre daquel que pense o contrario. Aprestémonos a despedir o ano con tino e sentidiño. Que as uvas non se atraganten e que o novo sexa mellor que este e nunca pior. Remátansenos os meses do ano. Outros virán.
Torres Regueiro, Xesús
Torres Regueiro, Xesús


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES