Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Sacerdotes? Para que comunidades? Para que igrexa? Para que mundo? (2)

jueves, 23 de febrero de 2023
4.- ESTADO DE OPINIÓN. Comecemos cun elenco de apreciacións recollidas de diversas fontes, sen prexulgalas anticipadamente. Están aí. Corren así entre o pensar do común: Non hai maduración persoal seria. Non se chega ben a adultez. Non hai verdadeira encarnación. Fóra de Deus e do mundo. Un home cheo de medos. Inseguro en si mesmo e por iso mesmo autoritario e pechado, cara a dentro, nunha institución chamada a ser apertura sa etranquila no aquí e agora, como fixo Xesús. Infantilización. Incluso, cando se trata dunha vocación tardía: chegaun adulto xa maduro do mundo e ao entraren ao seminario infantilízaselles e clericalízaselles. Acomplexados por de menos e por demais. Fallos na relacionalidade, na afectividade e en todo o mundo emocional e social. E, daquela, como poden ser así acompañadores de persoas cara a madurez? Invertebrados e sen axialidade. Son doutro tempo e cara atrás. E nótase. "Non saben programar" nin traballar en equipo coa xente nin entre eles". Faltos de alegría e entusiasmo. Son hipercríticos pensando que eles e a institución aínda son o centro importante do mundo actual. Sendo novos amosan cara de vellos e queixosos, non teñen alegría. Sempre mirando cara atrás, pero sen alma, sen entusiasmo. Con crises persoais. Están moi sos.A quen poden acudiren?

"A formación errada do sacerdote". Calquera tempo pasado foi mellor? Non. Calquera tempo pasado é anterior."

5.- ALGO DEBE SER CERTO CANDO COMEZA A PREOCUPAR. "Por primeira vez na historia, a Igrexa Católica en España planéase asi mesma incluíndo unha rigorosa avaliación psicolóxicanas futuras seleccións de candidatos a sacerdotes e relixiosos".

E advirten: "unha clara fractura entre Igrexa e sociedade". Recoñecen que "é vista coma unha institución reaccionaria e pouco propositiva e alonxada do mundo de hoxe". Achacan que, en parte, é a propia Igrexa quen"non sabe comunicar ben" o que ela é.

Por iso: "a Igrexa española propón abrir un diálogo sobre o celibato opcional, a ordenación de curas casados e mulleres". Esta imaxe da Igrexa, segundo eles precisan: "dóelles" e "desanima" porque lles dá a sensación de que "os prexuízos contra da Igrexa son insalvábeis". E unha concreción diso é o que podemos chamar: "clericalismo bilateral, é dicir, un exceso de protagonismo dos sacerdotes e un defecto na responsabilidade dos laicos".

Seguen dicindo: "Dóenos particularmente a falta de entusiasmo dunha parte moi relevante dos sacerdotes das distintas comunidades locais e a nosa falta de eficacia como comunidade á hora de acompañalos na vivencia da súa vocación".

Unha das principais críticas que aparecen nas achegas dos grupos sinodais é: "o 'autoritarismo' na Igrexa, é dicir, "a autoridade entendida como poder e non como servizo, coas súas consecuencias como o "clericalismo".

Respecto aos laicos consideran imprescindíbel "potenciar as súas funcións dentro da Igrexa así como a presenza notecido social: asociacións de veciños, sindicatos, partidos políticos, economía, ciencia, política, trabalo e medios sociais, etc.".

Din os bispos da CEE: "Os curas españois menores de 45 años, son os que máis 'pasan' do Sínodo de Francisco". "A día de hoxe hai parroquias que aínda non tiveron noticia de que se vai a celebrar un sínodo, e isto é función do párroco."

E merece atención isto: "Son os sacerdotes máis maiores, os fillos do Concilio Vaticano II, "quen máis se lanzaron, entenderon e implicaron" na fase diocesana". Isto é tansó unha unha pequena parte, unhapequena escolma, da crónica que deron despois desa reunión. (1)

6.- LUCES E SOMBRAS. Casuística ben dolorosa que nos está a pasar. "O cura ten receita para todo." Así nolo dixeron". E xa non digamos os bispos: docere (enseñar), regere (gobernar) et sanctificare. Mestres, con cátedra sagrada, oficial e sen discusión. A palabra é só del e, se hai desaxustes coa súa teoría, bótalle a culpa a Deus, que ese día está enfadado co mundo e por iso se ve obrigado a ser e facer de castigador implacábel; ou ao mal maxisterio, aos fieis "desviados, etc. E todo iso con "graza de estado"!? Cantas barbaridades saen por esas bocas desde púlpitos e escritos co dedo acusador contra persoas con tantos problemas tan complicados e tantos atrancos serios para viviren. E as emisoras dos bispos? E así se inventan teorías ben 'peregrinas'. Que perigo, meu Deus! E falo da máis rabiosa actualidade. Pero desacreditan aos demais pastores aos que realmente "crean un verdadeiro maxisterio, realista, serio e documentado".

Rapaces novos, acabados de saír, que van "polo libro". Pontifican con aseveracións dogmáticas, con teorías afastadas da vida dura e real de cada día, ante a xente que está a sufrir: Persoas maiores con problemas vitais de tanta fondura como as secuelas do Covid. Negacionismos en nome de "desafíos" e provocacións irracionais á providencia de Deus e á confianza amorosa en Deus. Falta de experiencia? Porén, xa teñen idade!

Que sabemos nós da profunda riqueza da psicoloxía feminina ou da vida matrimonial? E de toda a problemática familiar e económica para chegaren a fin de mes?

Dixéronnos que e a Biblia, o Dereito canónico, a teoloxía, o culto (por veces máxico), as ciencias eclesiásticas, etc.: teñen sempre a razón e son a solución para todo. En que universidade nos graduamos en especialidades bio-psico-socio-económicas, para pontificar sobre a problemática das persoas que estamos a tratar cada día? Ousadías!Que ben sería se tivésemos un bo discernimento para sabermos derivar e remitir "axeitadamente e a tempo" ao mundo da ciencia os problemas que nos exceden. Daquela, si cumpririamos unha misión excelente no Reinado de Deus e a súa xustiza.

7.- MEDO AO CONFLITO. "Ante os conflitos é necesario evitar a fuga da realidade, a trivialización do problema e a angustia. Son camiños inadecuados porque non resolven o problema, senón que en definitiva veñen a agravalo. A actitude a tomar é o realismo. O realismo positivo, en primeiro lugar, trata de obxectivar o problema. Despois intentar non tomar posturas negativas que conducen a malversar a enerxía. E finalmente dedicarse a mellorar a situación con actitudes positivas" (2).

NOTAS:
1. CONFERENCIA EPISCOPAL ESPAÑOLA, Nota da reunión 09.06.2022. "En relación con estes temas, detéctase una clara petición de que, como Igrexa, dialoguemos sobre eles co fin de permitir coñecer mellor o Maxisterio a respecto dos mesmos e poder ofrecer unha proposta profética á nosa sociedade. Isto tras enumerar un montón de temas que realmente preocupan aos católicos españois: Papel da muller na Igrexa, familia, xovens, abuso ou ministerios laicais...
2. RAMÓN PRAT I PONS, Teología pastoral.Compartir la alegría de la fe, S. Trinitario, Salamanca 2019, 4ª, p. 228.
Campo Freire, Xaquín
Campo Freire, Xaquín


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES