Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Volver á casa

viernes, 19 de diciembre de 2008
Era o soño de todo emigrante: volver a Galicia triunfante, construir unha casa de indiano e pasar os últimos anos como protector da sociedade, axudando a iniciativas sociais e disfrutando dun ben gañado descanso na opulencia. Algúns, conseguírono e quedan múltiples exemplos de construcións senlleiras que acreditan que os seus respectivos propietarios foron emigrantes que triunfaron e cumpriron o seu soño de ser profetas na súa terra.

Todos os que en Galicia emigraron entre o século dezanove e o actual, soñaron co mesmo, con volver a Galicia transformado o seu papel no de cidadáns completos que disfrutan dunha terra desenvolvida, europea, señora de si mesma.

Estamos en tempos de emigrantes que volven. No que vai de ano volveron a Galicia arredor de mil emigrantes cada mes, pero non como triunfantes senón como traballadores en paro que, perdido o posto de traballo, volven á súa terra intentar de novo vivir do seu esforzo.

Xa non volven de ultramar nin de Europa. Volven de Canarias especialmente, de Madrid e de Castela-León, procedentes dos sectores da construcción e dos servizos. Foron os faros que chamaron ós nosos compatriotas durante os últimos anos, e eses sectores ó apagarse non pudieron soster a tantos traballadores como a eles se acolleron paulatinamente.

A situación complícase coa problemática xa existente en Galicia, máis os inmigrantes que seguen a entrar sen que a crise faga diminuir o seu número.

Son xa arredor de cento oitenta mil os galegos en paro, tendo aumentado en máis de doce mil no mes de novembro.

Está ben que volvan á casa os nosos conveciños. Malo que veñan nas condicións que chegan. Malo que non se fale máis do tema. Malo que sigamos a escoitar que despois destas festas a situación vaise volver máis moura. Malo que todos prefiramos mirar para outro lado, pechar oídos e ollos e dispoñernos a festexar o Nadal por todo o alto. E logo, que pase o que teña que pasar.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES