Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A Coruña de Picasso

jueves, 16 de febrero de 2023
A Corua de Picasso Un xenio coma Picasso é reivindicado por moitas cidades. En España son tres nas tivo a residencia: Málaga, A Coruña e Barcelona (a derradeira, dende 1895 ata que se vai a Francia). Málaga (onde nace en 1881 e permanece ata 1891), A Coruña onde vai vivir catro anos (dos dez ao catorce) porque o seu pai accede a unha praza de profesor na Escola de Belas Artes.

Aquí, acode o rapaz ao instituto Eusebio da Garda e tamén á Escola de Artes onde recibe as clases por parte de seu pai e outros profesores. A diferenza do seu rendemento nun e outro centro educativo é moi notable. Dise que á Coruña chega un neno e de aquí, marcha un artista adolescente, xa aclamado pola crítica que o compara con Giotto e lle prognostica días de gloria e un brillante porvir. Da Coruña confesa que é o azul que sempre conservará na súa retina... aquí descobre o amor na pequena Anxos (Méndez Gil) que compartía instituto con el nas marxes dos seus libros e cadernos (as súas iniciais aparecen unha e outra vez nas marxes dos seus libros e cadernos) pero tamén a primeira morte (a de súa irmá Conchita, unha pequena á que vence a difteria). Terán que deixar á irmá no cemiterio de San Amaro despois de que o acordo que Pablo asina con Deus non dera resultado: se el salvaba á pequena o rapaz non volvería facer aquilo que era o que máis lle gustaba no mundo: pintar. Conchita morre e o rapaz será o mellor pintor de seu tempo (e deixará de ser crente); así se conta.

Dese tempo, afirma Picasso en 1946: "Aos doce anos eu debuxaba como Rafael".

Ese xenio precoz explotou na Coruña, a cidade na que recoñeceu que se espertaron os seus sentidos. É en Galicia onde inicia os seus estudos académicos, o lugar no que realiza a primeira exposición nunha tenda de mobles, recibe as primeiras críticas nos xornais e pinta as súas primeiras obras mestras, como "A rapariga dos pés descalzos" ou "Retrato de Ramón Pérez Costais". Nas exposición que sobre Picasso se realizan na cidade é posible ver as obras que realizou aquí nese tempo e tamén esta pegada na obra posterior, como a presenza da gaita de fol na etapa cubista.

No 2015, realizouse no Museo de Belas Artes d´A Coruña a exposición El primer Picasso. A Coruña 2015, comisariada por Malén Gual, que reuniu máis de 200 pezas, 81 delas de Picasso, a maior parte da etapa coruñesa. O catálogo, realizado baixo a coordinación da comisaria (conservadora da colección do Museu Picasso de Barcelona) e Rubén Ventureira, constitúe unha información imprescindible que vai dende o contexto histórico de Xosé Ramón Barreiro á relación que o artista tivo con escritores e intelectuais galegos ao longo da vida, a cargo de César Antonio Molina. Nese anos, Rubén Ventureira foi Coordinador do evento «A Coruña. 120 anos despois» e, en 2023 vai formar parte do comisariado da exposición que o Museo vai por en marcha: "Picasso branco no recordo azul" e que forma partedo ambicioso programa de 50 exposicións e eventos a nivel internacional Celebración Picasso 1973-2023 programados pola comisión binacional España-Francia para trinta e oito institucións de Europa y Estados Unidos. Algunhas exposicións xa comezaron como a do Museo Picasso de Barcelona, a de MAPFRE ou a do Thyssen, pero serán cita ineludibles, xunto con este, as exposicións do Prado, do Reina Sofía, do Guggenheim e o Museo Picasso de Málaga.

As cidades non poden perder a oportunidade que se lles brinda coas conmemoracións nin coa historia que as percorre. Por iso, seguiremos falando da Casa Museo de Picasso no próximo artigo.
Sampedro, Pilar
Sampedro, Pilar


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES