Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

O tema dos incendios

jueves, 18 de diciembre de 2008
Os incendios forestais son para Galicia vello problema sen aparentes solucións radicais por basearse en en razóns varias e complexas.

A raiz máis antiga do problema parece estar nos anos corenta e cincuenta, cando o Patrimonio Forestal do Estado se apropiou de terreos comunais que ata entón viñeron disfrutando os galegos, e neles fixo plantacións de espescies forestais dentro dunha gran campaña de reforestación baseada en decisións autoritarias e inxustas.

Esas novas superficies forestais desataron a furia dos antigos propietarios, desposeídos dunhas terras necesarias e que permitían a vida en liberdade de milleiros de exemplares de gando. E os incendios forestais comezaron a asolar Galicia nun xeito de xustiza popular vengadora do gran despoxo sufrido no noso rural.

Moitos montes volveron ós seus antigos propietarios, pero á vez tamén moitos outros montes quedaron abandonados ateigados de maleza. E os incendios seguiron producíndose nun incremento imparable ata agora.

Por primeira vez na historia, Galicia deixa de ser a primeira comunidade española en incendios forestais, posto de dudosa honra que veu ocupando desde que existen datos rexistrados sobre incendios forestais en España.

2006 foi un ano aciago con 80.000 hecáras de terreo queimado en somente dez días. E 2007, con moito mellores cifras, seguiu sendo a comunidade autónoma con máis incendios, rexistrando 743 lumes.

Pero en 2008 todo ten cambiado, e Asturias e Castela-León sufriron máis incendios que Galicia, contabilizándose todos aqueles lumes con danos mínimos dunha hectárea de terreo. Galicia ata agora leva 679 incendios, mentras que Castela león rexistrou 938 e Asturias 1.115.

Haberá que esperar novas campañas, facer labor de prevención e de extinción, e ver que esto que agora é un dato chamativo se transforma ou non nunha tendencia que só beneficios sociais produce para todos.

Por agora, que ninguén se apunte tantos. Poden ser froito da casualidade ou da climatoloxía. O tempo diranos se podemos empezar a respirar tranquilos nun tema que tantas bagoas, suores e perdas económicas nos ten ocasionado.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES