Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Picasso, cincuenta anos despois

jueves, 09 de febrero de 2023
Este 2023, no que se cumpren cincuenta anos da morte de Picasso, é un bo momento para lembralo, para recordar que é un un dos nosos artistas máis universais.

Quen non coñece a Picasso?
Quen non sabe a historia do Guernica?
Aínda así, podemos falar del en base ao álbum ilustrado, Guernica, realizado en Francia por Heliane Bernard e Olivier Charpentier, traducido ao galego por Emma Lázare e publicado por Kalandraka en 2008.

É o primeiro álbum ilustrado que trata sobre a chamada guerra civil e conta: 1937 será Picasso, cincuenta anos despoiso ano da Exposición Universal en París, unha delegación dos republicanos españois encárgalle a Picasso unha obra para o pavillón de España. Mentres isto sucede... Guernica, unha pequena vila vasca que alberga na súa Casa de Xuntas os arquivos do pobo vasco e un carballo: a árbore sagrada que simboliza a independencia vasca e baixo cuxa sombra os reis de España xuraban respectar os dereitos tradicionais e, a cambio, o pobo facía xuramento de fidelidade. De súpeto, o 26 de abril de 1937 a Lexión Cóndor bombardea a cidade de forma cruel ata deixar só cinzas. Picasso escoita a noticia: mil bombas incendiarias lanzadas polos avións de Hitler e Musolini arrasan Guernica. Picasso empeza a pintar o seu cadro máis famoso, o que representará a España na gran exposición universal e a toda a humanidade ante a vileza da guerra.

Outro álbum ilustrado que nos serve para falar desta obra é xustamente Un cadro de Picasso de Claired'Harcourt, traducido por Xosé Ballesteros e que forma parte da colección "Un cadro de..." con títulos como Un cadro de Velázquez, Un cadro de Van Gogh. Aparece en 2011, en Factoría K. A través desta obra mestra da arte do século XX, descubrimos, tamén, a historia do cadro e o que representa. Di así...

"Estamos en abril de 1937: a tristeza e a dor asolagan todo... Negro, branco, gris: o pintor Pablo Picasso decidiu empregar só esas cores para pintar o horror". (...) "Valédeme! Implora esta man xigantesca. Armado co seu pincel, Picasso comeza a guerra contra a guerra e estoupa en cólera: "Non, a pintura non está feita para decorar as estancias; é un instrumento de guerra ofensiva e defensiva contra o inimigo".

O impacto do Guernica de Picasso foi unha badalada no peito que continúa resoando.
Ese cadro de gran formato convértese nunha alegoría contra a guerra, no símbolo que representa a violencia do fascismo contra a sociedade civil.

Picasso realizou a pintura, xunto con numeroso bosquexos, entre maio e xuño dese ano, sendo documentado todo o proceso pola fotógrafa Dora Maar, a súa parella.

Presentouse no pavillón español, a modo de mural, entre o interior e o exterior (igual que sucede na escena na que se representa un espazo que, ao tempo, está dentro e fóra). A imaxe, con esa escolla de cores, mostra tres animais (un touro, un cabalo e unha pomba) e varias persoas (un soldado morto; unha muller co fillo morto nos brazos, outra que ergue os brazos nunha casa en chamas e outra que trae un farol na man), unha lámpada con forma de ollo ilumina a escena. Fronte ao Guernica, situábase a homenaxe a Lorca, asasinado no 36 polos seguidores de Franco.

En 1939, o Guernica viaxa a Nova York para a mostra 'Picasso: forty years of his art' no MoMA; ao declararse a II Guerra Mundial, Picasso decide que a obra permaneza alí e que só veña a España cando se restableza a democracia. En 1981 chega a España, instálase no Casón do Bo Retiro, anexo ao Museo do Prado, e en 1992, pasa ao Centro de Arte Reina Sofía, onde podemos velo na actualidade.
Sampedro, Pilar
Sampedro, Pilar


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES