Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Taboada homenaxea ao porco co 'Caldo de Ósos'

jueves, 09 de febrero de 2023
Según o maxistrado e escritor francés do século XVIII Anthelme Brillat Savarín, "el placer de la mesa no produce arrebatos, éxtasis ni arrobamientos, pero gana en duración lo que pierde en intensidad, y se distingue, sobre todo, por el privilegio particular de que goza, disponiéndonos para todos los demás deleites, o al menos consolándonos por haberlos perdido...".

I e que non resulta doado resistirse a tentación de degustar todo o que a terra nos ofrece. Unha terra como a de Taboada cunha enorme variedade de produtos que son, por si mesmos e sin necesidade de elaboracións sibaritas e complicadas, vértola de deuses.

En Taboada, un pérdese nun laberinto de farturas cando chega o tempo de Entroido, cando eiquí se celebra a súa festa gastronómica por excelencia, a do "caldo de ósos" que pola súa singularidade atópase entre os primeiros caldos de Galicia.

Pero nesta festa, tamén se homenaxea ao porco con todas as súas variantes, lacóns, xamóns, costela, lingua, cacheira, dente, barbadela, sóa, entrefrebas e os touciños.

Ademáis da manifestación gastronómica, cabe reseñar o extraordinario ambiente festeiro e de feira que se vive durante toda a xornada que nesta edición será o domingo 19 de febreiro, onde a multitude pode mercar outros produtos da comarca, dende o mel, os queixos, pan e empanadas, viño da Ribeira Sacra ou galletas e augardentes de Xián, entre outros...

Nos derradeiros anos o "caldo de ósos" convertiuse nun clásico moi demandado polos visitantes en épocas de matanza. Este caldo está adquirindo notoriedade. En varios restaurantes, ao marxe da festa, e unha das opción máis demandadas. Calquera que visitara alguna vez esta celebración, difícilmente esquecerá esta peculiar forma de aproveitar os ósos da columna do porco. E si ten alguna oportunidade repetirá sen ningunha dúbida.

Por esta e outras razóns, non cabe máis que felicitar ao sector hosteleiro, empresarial, ao propio Concello, especialmente ao seu alcalde Ramiro Moure Ansoar pola potenciación deste prato, e este certame, a elección do pregoeiro Francisco Almuiña, neste ano que se chega a súa XXXI edición dando un exemplo de unidade que é o que provoca o seu rotundo éxito, poñendo no sitio que lle corresponde a esta manifestación no amplo abanico de feiras e festas gastronómicas que ao longo do ano se celebran en Galicia.
Rodríguez Porto, Ramón
Rodríguez Porto, Ramón


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES