Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Manuel de Lea VIII Trapeiro de Honra 2023

miércoles, 08 de febrero de 2023
Memoria póstuma e agradecida paraManuel de Lea, VIII TRAPEIRO DE HONRA, 2023.
Desde a psicoloxía social, por terras de Parga, nos Vilares, os trapeiros constituíron unha mini cultura sectorial dentro doutra cultura máis ampla.
Eu sabía de D. Manuel Fernández Corralpolo libro Lareira de soños, de Pas Veres. Nunca tivemos oportunidade de vérmonosen persoaentre nós os dous. E tampouco souben do seu recente pasamento.Pero si tratei a moitos trapeiros en distintos lugares da Galiza ao longo da miña xa tamén longa vida. E teño formado deles unha idea de profunda admiración.
E aínda que se me acuse de facerunha xeneralización non querorenunciar a perfilar o meu retrato robotsubxectivo. E Manuel de Lea dáme a mellor ocasión.
O trapeiro é un auténtico globetrotter, un trotamundos, é coma un rapsoda, un segrel, un trobeiro. Un cantor, un músico.Un emprendedor, un botado ao mundo, un arriscado. Nada que perder. Todo a gañar.Unhas rutas. Un arte de compra-venda-troco. E a transmisión de valores por onde pasa. Sabe darlle valor ao "que xa non vale". É un reciclador ecoloxista e non fai desbaldo de nada nin de ningúen. Sabe que todo e todos valemos sempre. Tamén os vellos.
Nas súas obras é un profundo creador de arte sinxela e popular, de artesanía. Vale para todo. É un todo terreo. "Labrego, zoqueiro, comerciante, e un gran amante da lectura", di Pas veres no seu libro falando de Manuel.
É un autodidacta. Por iso, todo sae de si mesmo. Un soñador, fantaseador, iluso, romántico, imaxinativo, visionario, inxenuo, inquedo, utópico, fantástico, idealista, quixote. Un inventor. É dono de si e do que crea e do que cre. Sabe que a súa vida e coma unha novela.
Lourdes, a súa filla, dixo no acto de Momán: "Meu pai xa foi un trapeiro moderno: coa súa camioneta percorría o mundo".
E a moita honra porque a honra vai comigo e eu son un transmisor de bonhomía". Di Luz Campello en: Inventario do prohibido, (p.35): "Que eu teña alma de trapeira, non te autoriza a tratarme coma un trapo. Porque eu vallo e coa miña alma fago e desfago..., coa miña alma exorcizo todos os medos, incluso aqueles que nos desposúen".
E as mulleres non ficaron atrás , aínda que foron menos en número. Pero para elas era moito máis duro e arriscado o labor. E tiñan un estilo diferente. Unha marca fonda de feminidade con grande personalidade.
Un trapeiro, unha trapeira, é un irrealista? Non tal. Sempre ve con luces largas. Porén tamén usa as curtas en cada situación e mesmo moitas veces ten de saber ver nas escuridades e sen luz. Sabe conducirse na néboa e na noite, física e espiritual, que tamén as ten. Porque el intúe a saída. Evé-a,búscaa e sae fóra. E ensaia novas posibilidades.
OTrapeiro crea el as condicións de posibilidade, as máis fundamentais: Non dubida en abrirse a novas aventuras. E se falla? Volta a empezar. Porque tamén ten luz de retrovisión. Pero non para desanimarse, senón para resituarse: el sabe que ten de haber saída e esa cómpre escaravellala, sempre cara adiante, aínda que teña que dar curvas. Buscala. Arriscar! Sempre con nobreza e bos tratos. Fidelidade á palabra dada.
E sabe moi ben que de aquí non somos. Pero tamén sabe que el ten de deixar o mundo un pouquiño máis adiante e máis avanzadopara os que veñen detrás. Son unidos e con transmisión oral común. Nunca se pisan o terreo. E teñen unha festa: A Nª Sª dos Desamparados no luns de Pascua da Resurrección nos Vilares de Parga.
Por iso, certamente, é algo iluso, porque sempre ten a ilusión de volver. Volver á Pascua dos Vilares, lucindo e lucíndose. E levar "o santo". E agradecer así con fachenda, pero sen soberbia, os seus avances entre os seus. O mito do eterno retorno. Querido, D. Manuel de Lea, agardámoste pola Pascua!
Quixera lerhoxe eaquí na súa honra, a xeito de testamento espiritualde Manuel para todos nós. Ánimo; non te rendas. É de Mario Benedetti:
"Non te rendas, aínda estás a tempo de abrazar a vida e comezar de novo, aceptar a túa sombra, liberar o lastre e retomar o voo.
Non te rendas, que a vida é iso, continuar a viaxe, perseguir os teus soños, abrir as esclusas, destrabar o tempo, correr os entullos e destapar o ceo.
Non te rendas, por favor, non cedas, aínda que o frío queime, aínda que o medo trabe, aínda que o sol se poña e se acale o vento, aínda hai lume na túa alma, aínda hai vida no teu seo.
Abrir as portas, quitar os ferrollos, baixar a ponte e cruzar o foso, abandonar as murallas que te protexeron, volver á vida e aceptar o reto.
Recuperar a risa, ensaiar un canto, baixar a garda e estender as mans, despregar as ás e intentar de novo, celebrar a vida, remontar os ceos.
Porque cada día é un comezo novo, porque estes son a hora e o mellor momento, porque tes ás e podes facelo, porque non estás só e porque eu te quero".

Grazas, D. Manuel de Lea: VIII Trapeiro de Honra 2023.

Xaquín de Roca, Momán, Xermade, 28-01-2023.
Campo Freire, Xaquín
Campo Freire, Xaquín


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES