Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Sen Internet non hai paraíso

miércoles, 17 de diciembre de 2008
Pola súa vulgarización e concesións ó máis populacheiro, a televisión ten gañado o apelativo de "caixa tonta", tomando o continente por algúns dos seus contidos. Na escala de valorización dos medios informativos, a televisión globalmente ten perdido moitos dos valores que se teñen inicialmente atribuído a un medio con tantas posibilidades.

Aínda así, ata agora a televisión tiña papel preponderante no entretemento, formación e información dentro do estado español. Ata agora. Pero aquí está Internet, afectando á televisión e ó resto dos medios informativos.

No estudio Mediascope que ven de efectuar a Asociación Europea de Publicidade Interactiva en dez países do vello continente, resulta que neste país a atención á radio é de 10,9 horas semanais de promedio (baixando un 22%), ós xornais 4,4h. (baixando un 14%), a revistas 3,6h. (11 por cento menos), á televisión 11,7 horas (baixando un 11 por cento) e 12,1 horas a Internet, subindo un 20%.

Aínda así, por pura inercia, os medios tradicionais, nos que xa hai que contar a televisión, seguen percibindo a parte máis sustanciosa da chamada "tarta publicitaria", encargándose a realidade de poñerse de manifesto agardando que anunciantes, axencias, institucións e gobernos tomen nota de que aquí se comenta e obren en consecuencia.

Internet, globalmente considerado, é o único medio que non baixa, e neste tempo de crise xeneralizada está demostrando que é o que mellor resiste os embates seguindo na brecha con iguais ou maiores bríos que nos tempos de bonanza.

Acabarán por enterarse os anunciantes (tomen nota os anunciantes oficiais) e as axencias publicitarias de que Internet existe, medra continuamente e hai que telo moi en conta. Sen Internet non se chega á xente de xeito adecuado. Aínda que resulte parodia dun título dese medio que está en baixa, podemos concluir que "Sen Internet non hai paraíso" (informativo).
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES