Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

O cometa verde

lunes, 06 de febrero de 2023
Non sei que imaxe terá o lector do espazo exterior, do universo máis alá das típicas imaxes televisivas ou fotográficas, é dicir, cheo de estrelas e planetas e satélites e meteoritos, etc. Eu entendo que si, que o universo é inmenso, mesmo infinito, pero tampouco vou máis alá do que dicía na anterior frase. Non obstante, o outro día quedei pampo cando lin a noticia de que o cometa C/2022 E3 (ZTF), máis coñecido e mellor nomeado polo Cometa Verde, se achegara á Terra de novo logo de 50.000 anos. Por certo, tal achegamento refírese a uns 42 millóns de quilómetros de aquí.
O cometa verde
A ver, sobre os millóns de quilómetros non me asombro tanto porque a causa de ler novas sobre outros achegamentos ou sobre as distancias de certas estrelas ou constelacións ou galaxias ou nubes de po xa estou acostumado, xa sei que aí arriba as distancias son "esaxeradas". Mais recoñezo que quedei perplexo, aloulado co dos anos. Aí foi onde realmente me perdín ante a inmensidade do espazo exterior.

Resulta que o Cometa Verde a última vez que pasara á nosa beira fora no Paleolítico Superior, cando os dinosauros aínda andaban ó seu aire polas verdes pradarías do noso planeta. E se queremos facer algo de números, podo resumir o asunto desta maneira: Se ese cometa viaxa á velocidade de uns 207.000 quilómetros por hora e se tardou en pasar polo mesmo punto 50.000 anos máis tarde, é para alucinar ou non é para alucinar? É para perderse ou non é para perderse por esas inmensidades. Que si, definitivamente o universo é infinito.

O Cometa Verde seica procede da nube de Oort, unha zona xeada das aforas do Sistema Solar, onde se esconden entre centos de miles e billóns de cometas (sigo a perderme con tanta cantidade), restos conxelados da formación dos planetas hai máis de 4.500 millóns de anos. E disque é verde porque a cuberta gaseosa que arrodea o seu núcleo contén un composto reactivo chamado carbono diatómico, que é brillante en lonxitudes de onda de luz verde.

Agora tan só me queda esperar a súa volta (na inmensidade do Universo 50.000 anos é un suspiro) para velo mellor e intentar subir á súa cola.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES