Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A misteriosa e incógnita Valura (44)

viernes, 03 de febrero de 2023
Maripepa, "A Valura"
A mala sona dos Valuros vaise impondo pouco a pouco e non hai currullo de maldade ou de picardía que non acade, e desde aí, que non invada a xente con ideas de malignidade e ruindade como se desprende deste artigo que case o temos que incluír na estadía da crueldade debido a que os atributos de Maripepa, a Valura, son propios dunha muller que non ten por que ser valura, pero que o autor incide na súa denominación para darlle máis forza e para eternizar a raza como a etnia da A misteriosa e incógnita Valura (44)depravación e da malfeitoría. Nosoutros coidamos que Valura ten moito que ver con "malura" e o autor e os lectores, no seu subconsciente teñen gravada a palabra cuxo significado é "desgraza, desventura ou infortunio" e o lector por homofonía e homonimia vai confundindo "malura" con "valura".
Vexamos agora os atributos desta Maripepa, protagonista do conto "O Servente", do ano 1929 e publicado na República Arxentina, firmado por un tal "Ade" que non sabemos se é un alcume, o seu nome ou as siglas de alguén.
A Maripepa é unha muller "outoniza por propia vontade"; é dicir, que é unha moza avellentada pero guapa e ben feita como boa Valura xa que o significado de valuro tamén é o de persoa forte, rexia e ben formada e nestes adxectivos hai correspondencia coa Maripepa que, "na súa mocedade non fallaran para ela herdeiros ricos e ben postos". Ademais esta dona non é esmoleira como a Igrexa pretende cualificar aos desta caste, non, ao contrario, é fidalga "supervivente d'unha caste de fidalgos de costumes anacrónicas" mais ten "espirito hermafrodita" e unha especie de amazona, tan valorosa, como calquera muller galega da época, é capaz de domar os touros e de fender a terra co arado, pero en opinión do autor, tiña un defecto "legado por seus pais" pois segundo isto, tamén eran Valuros que "como producto atávico viña de tempo inmemorial".
Aquí é onde está achacando aos Valuros un trazo ancestral propio da xenética valura e que é unha soberbia mentira porque tal e como sostén autor "era tan valura que mataba aos criados coa fame".

"Non había criado que botase nen melo ano en cas Maripepa, que a mala calidade do pan i-a penuria do compango levávanlle a calquera os ollos a covacha e preparábanlle o esquelete tal que un anatomista.
A dona non era asanada pero derradeira supervivente d´unha caste de fidalgos de costumes anacrónicas, mantiña vixentes as antigas leis domésticas na soedade d'aquela, someada por mestos castiñeiros. Solteira outoniza por propia vontade, pois na mocidade non fallaran pra ela herdeiros ricos e ben postos. Espírito hermafrodita, endexamais cuidara de casar senón de domar xovencos, esfendela terra de barbeite. Valerosa como unha amazona. Maripepa tiña un defeito legado por seus paes, que como producto atávico viña de tempo inmemorial: era tan valura que mataba aos criados coa fame. Daba unha mantenza tan amormelada que lle atuaba a gorxa ao mesmo diaño". Prosegue o conto resumido:
Entrou de criado un mozo. Recibiu a dona ao servente coa mesa posta para xantar cunha cunca de nabizas afumándose e un bolo de centeo. Saca o criado a navalla e vai pondo o pan, que estaba moi duro, no caldo para que amolecese, dicindo ao mesmo tempo "pan duro, dente agudo".
En vistas de que o comía, a Maripepa fixo unha fornada da que quitou media ducia de pans do forno mal cocido, pero o criado comíao igual e dicía "pan mol, vaise ao fol".
Logo, Maripepa dálle o pan balorento, a ver se non o come, pero o criado cómeo e di "pan valorento, moi contento".
A ama púxose moi aceda ao ver como o criado comía sen importarlle a mala comida que lle daba, pensou en botalo da casa por comellón mais ela pensou que se cadra era un caso "teratológico" ao que lle apetecería o pan ruín e non o bo. Se así fose, o remedio estaba en que comesen xuntos da comida dela con manxares máis apetitosos ao que respondía: "pan amañado, un bocado".
Esta artimaña permitiulle ao mozo gozar dunha mesa fidalga longos anos, pecharlle os ollos a Maripepa e herdar a súa fortuna.

Salve Valuria!

Texto: Xosé Otero Canto
Fotografía: Anxo Grande Penela

NOTAS:
O conto pertence ao seguinte xornal:
EL CORREO DE GALICIA: órgano da colectividade gallega na República Arxentina.
Nº 1204 (17/02/1929), pax. 16 en
"Notas y Comentarios de la Vida Gallega"
PROSAS GALLEGAS
Título: "O SERVENTE", firmado por ADE.
Otero Canto, Xosé
Otero Canto, Xosé


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES