Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Ecoloxía e velocidade

viernes, 03 de febrero de 2023
Por coidar que entendo do tema, alguén de preto consúltame sobre a conveniencia de presentarse a un concurso que convoca o Concello de Lugo para a adxudicación da confección e montaxe dunha exposición sobre temas ecolóxicos que se incorporará ao novo edificio situado entre as grandes superficies comerciais de Duquesa de Lugo, que seica é o último berro en cuestión enerxética aínda que de discutida asunción estética.

Con tempo, información e tema suxerente, atráeme o mundo das exposicións polas especiais posibilidades de achegamento ao público de temas de interese xeral, sexan culturais, sociais... ou ecolóxicos.

Pero neste caso a montaxe debería utilizar madeira e materiais reciclados, obter a información da web do concello, confeccionar audiovisuais en base a outros xa existentes, e non sei cantas cousas máis cun orzamento de pouco máis de catorce mil euros. Eu contestei que non vía moitas posibilidades de afrontar un tema tan complexo, por amplo prazo que houbese para a súa realización.

Cando me indican que todo eso ten que estar montado no edificio futurista, templo da ecoloxía, o dez de febreiro próximo, opino que non deben meterse en aventuras con tan pouca posibilidade de futuro.

Co cal veño comprobar que non entendo destas cousas como para opinar sensatamente sobre o tema, porque para poder aconsellar que participen no concurso, creo que deberían ter iniciado ese traballo hai catro ou cinco meses, telo rematalo hai unhas semanas, e sen risco de infarto inauguralo o próximo día dez.

Non hai nada que facer. Os anos, non perdoan.
Xiz, Xulio
Xiz, Xulio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES