Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Á beira do Camiño: Por un Nadal máis solidario

miércoles, 17 de diciembre de 2008
Temos boas e sobradas razóns para a esperanza. A pesar da tan manipulada crise económica. O noso Deus aposta pola humanidade, por todos nós. Por crentes e non crentes. Deus fíxose un de nós: home, neno. Ese neno/Deus é a verdade, a luz, a xustiza, a paz, a vida... ¡o amor! Sobre todo é esperanza e futuro para os que cren, confían e esperan a súa liberación: Eses son os pobres, os desprezados e sen voz neste mundo. ¡Son a inmensa maioría da Humanidade!.

Deus segue a nacer nun mundo, incomprensiblemente, insolidario e hostil. Cheo de homes e mulleres satisfeitos, pero infelices. O Nadal volve, cada ano, a espertarnos dos nosos sonos, cansazos e apatías Vén á procura da sempre esperada renovación que non acaba de xermolar. Chega na sinxeleza e austeridade dun neno, pobre e indefenso, que non atopa pousada nesta nosa rica sociedade que só o confesa cos beizos. Chega, sen papeis e en caiucos, na busca de vida. Ven a axudarnos a derrubar as barreiras das nosas mentiras, inxustizas, violencias e egoísmos. Ven a ensinarnos a vivir e compartir, en paz e alegría, a nosa vida e bens, como signo dese novo mundo que aínda non termos acadado despois de vinte séculos.

Como cidadáns, presumimos de cumpridores dos dereitos humanos. Como cristiáns, tamén de fieis seguidores de Xesús. Sería bo analizar cada un dos nosos comportamentos. Pode ser que teñan certo cheiro a hipocrisía. Que coherencia hai entre a sinxeleza e austeridade da chegada e nacemento de Xesús coas rumbosas luminarias ornamentando rúas e prazas (coa rebaixa do baleiro dos tradicionais signos cristiáns), con excesiva abundancia de concertos de cantos do Nadal (subvencionados) nas nosas igrexas e cos abondosos e in/necesarios gastos non rebaixados nas nosas mesas, a pesar da demasiado nomeada crise!? ¡Contradicións, a eito e a esgalla

A nosa vida, como a de Xesús, debe apostar polo sinxelo e austero, polo que proxecta, trae e comunica vida. Coido que sabemos cal é o camiño. Marcóunolo Xesús coa chamada a saír do convencional, do cómodo, dos evidentes egoísmos e individualismos. E, en positivo, aprender a vivir en harmonía con nosoutros mesmos, coa natureza, con doar algún do noso tempo libre ao servizo dos demais de xeito organizado ao través dalgunha ONG ou de xeito privado..e sempre coa casa aberta para quen a necesite... ¡Apostar por unha vida útil e solidaria!

A felicidade, case sempre (con e/ou sen crise) ate de agora, adoitaba marcarse en euros reais, en roupa ou coches de marca, en nómina alta...Todo parecía firme e definitivo. Hoxe, nada hai xa seguro. Moitos están cheos de medo. Xa no presente e mesmo cara o futuro. Eu coido que este Nadal volve a ser unha nova chamada providencial ao cambio de iras e de conduta. Vale a pena revisar as nosas condutas e dedicármonos a facer o ben, axudar aos pobres. A sermos máis humanos. ¡Podemos probar ata onde chega a nosa solidariedade no Nadal 2008!
Mato, Xesús
Mato, Xesús


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES