Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Nun estado que se quere social...

jueves, 02 de febrero de 2023
Nun estado que se quere social búscase axudar aos máis débiles. Déixase de lado a liberdade poderosa do mercado (o deus actual) para que a supervivencia non obedeza á lei da selva na que os fortes sobreviven pisando aos febles.

O que funciona sen que haxa que esforzarse en nada é o mercado. Vai como de forma Natural. Para que existan as axudas aos desempregados/as, as baixas ás persoas enfermas, a seguridade social para os que non cotizan, as rendas básicas para os que Nun estado que se quere social...non teñen outra alternativa... hai que esforzarse, pagar impostos, votar ás forzas progresistas. Moita xente está de acordo con isto, entregar algo máis ao Estado para que el traballe pola xustiza social e polos dereitos recollidos na Constitución. Desta maneira buscamos que funcione o mellor posible a xustiza e cando non é suficiente a caridade.

Pagamos para que a pobreza desapareza; non é que queiramos ocultala pero tampouco é necesario que nola refreguen pola cara. Se os servizos sociais funcionan, igual non tiñamos que ir atendendo a quen pide pola rúa, salvo que sexa un acordo asinado entre quen desexa estender a man e a quen lle gusta dar unhas moedas. O meu nome é Skywalker vai da invisibilidade dos sen teito, varios libros infantís buscan sensibilizar á rapazada sobre ese asunto, pero hai algo que bota por terra todo o anterior. As mafias romanesas poñéndonos a embarazadas de xeonllos baixo a chuvia vacinan a poboación contra esa mirada. Cada vez que atopamos esa imaxe aprendemos a separar a vista e, a partir de aí, facémolo con todos os demais. Os que piden saúdan, buscando a atención e os ollos de quen pasa, pero xa os romaneses fixeron o seu traballo e deixáronnos indiferentes. Non sabemos se nós llo temos que agradecer ou os demais acusalos de acabar coa galiña dos ovos de ouro, o que si é certo que o resto dos que piden na rúa (e os seus propios “traballadores”) deberían rebelarse. Outra pregunta: para que serven as forzas de seguridade se non sacan á luz o que sabemos todos, como este asunto das mafias de “estranxeiros que piden” ou a venda de drogas nos puntos que a xeneralidade coñece?

Este non é o único caso no que o inimigo está dentro do grupo. Quen non coñece ou coñeceu a alguén que está ou estivo de baixa sen necesidade? Grazas a eses ladróns do público (tanto pseudoerfermos como médicos pouco profesionais) descóntanlles ou non lles dan a baixa a quen realmente a precisa. Unha vergonza! Están os de collen a baixa e o paro para facer outros traballos que tamén cobran. Están os que se aproveitan de todo tipo de axudas e non dan pau á auga (sáelles mellor que traballar e teñen terror a que os estafen mentres eles rouban ao común) ou os que van buscar as axudas ás organizacións relixiosas (Cáritas, Don Bosco...) cando teñen outro deus ao que rezan e no que cren. Todo isto, cando non se denuncia, vailles sumando votos á extrema dereita. Cada vez que alguén se aproveita dos servizos sociais sen merecelo, está a poñerlle unha vela ao demo. Cada vez que os demais non o denunciamos, cada vez que unha asistenta social ou un avogado colabora no engano, alguén deixa de crer que está ben pagar impostos e todos perdemos.

Por iso, non queda outra que falar destas cousas. Dicilas en voz alta, para que non se perverta a xustiza social e para que non derive o voto cara a forzas innomeables.
Sampedro, Pilar
Sampedro, Pilar


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES