Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo

viernes, 03 de febrero de 2023
Latar a escola

Latar a escola era unha aventura marabillosa. Para algúns, perigosa e, para un servidor, moi perigosa. Marabillosa polo mero feito de non asistir ás clases e pasalo ben. Perigosa pola rifa ou castigo do mestre don Graciliano. Moi perigosa para min porque, a Pingas de Orballo maiores da reprimenda ou castigo do mestre, estaba, ai Deus, a disciplina férrea da miña nai. O da disciplina vai polas labazadas e malleiras da Lola da Amparo. Esa non andaba con lerias. E non atendía a explicacións. Non obstante, nunca a denunciei e nin hoxe a denunciaría. Por iso do medo á nai, só recordo de latar a escola unha vez. Case seguro que ningunha máis. Polo dito: a Lola era moita Lola. Ese día (creo que eramos dous ou tres) largamos para unha poula que había enfronte do Muíño da Luz, na que, das follas dun carballo, non tardamos en esmagalas para facer ou disimular picadura de tabaco. Tal picadura espallabámola por un cacho dunha folla de La Región e, ale, chupando que é xerundio. O vicio, antes dos dez anos, xa se vía que era grande. Agora mesmo tampouco recordo se latamos a escola pola mañá ou pola tarde. Porque o asunto tamén moi perigoso estaba no maletín que, ás veces, o deixabamos na aula e despois... como o recollías? Se ías por el atopábaste con don Gracilaino e, ó mellor coa súa regra disposta a recordarche a falcatruada cometida. Se non ías polo maletín... como para presentarme ante a Lola sen o maletín! Latar a escola era bonito pero moi perigoso.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES