Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Sentenzas xudiciais en galego a instancia de parte

miércoles, 01 de febrero de 2023
O amparo legal existe. O artigo 7.2. da Lei 3/1983 de Normalización Lingüística recolle este dereito: "As actuacións xudiciais de Galicia serán válidas e producirán os seus efectos calquera que sexa a lingua oficial empregada. En todo caso, a parte ou interesado terá dereito a que se lle entere ou notifique na lingua oficial que elixa".

Non hai impedimentos legais para que os profesionais do dereito que invoquen ese dereito non sexan atendidos nas súas pretensións. Ningún tribunal de xustiza poderá alegar imposiblidade de execución por mor da falta de recursos. En primeiro lugar, porque as audiencia provinciais e Tribunal Superior de Xustiza de Galicia contan con suficientes tradutores para impedir a indefensión xurídica que puidesen provocar os axentes xudiciais arbitrariamente, despois dos convenios establecidos pola Xunta de Galicia e o Poder Xudicial. En segundo lugar, porque os máis dos xuíces e xuizas son do país e estudaron o noso idioma nos curriculos académicos. Alegar descoñecemento, non é ético.

Esta empatía co proceso de normalización lingüística na Administración de Xustiza non podemos cuantificala porque a Memoria Anual do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia ao rexistrar o número de procedementos resoltos polas distintas xurisdicións, non rexistra a porcentaxe de resolucións ditadas en lingua galega.

A opinión autorizada dofiscal Carlos Varela ten manifestado ao respecto que "é evidente que tendo en conta a situación marxinal que padecen determinadas linguas no ámbito da Administración de Xustiza debe plantearse a cuestión de se os servidores públicos, nomeadamente os defensores da legalidade como fiscais e xuíces, poden permitirse ignorar sistematicamente a lingua propia do país no que exercen as súas funcións, e se a devandita actitude non é susceptible de causar indefensión e unha clara discriminación aos cidadáns que optan polo devandito idioma nas súas relacións coa Administración de Xustiza". A cooficialidade lingúística ter que exercerse coa aplicación do principio de igualdade, que para ser real e efectivo precisa dun talante colaborador dos tribunais de xustiza que agora non se manifesta na xudicatura.

O Estatuto de Autonomía de Galicia, amais de establecer a cooficialidade lingüística e a validez do uso de calquera delas, insta aos poderes públicos a fomentaren o uso da lingua galega, aplicando o principìo da discriminación positiva a prol do galego. Non existe cooficialidade lingüística se unha das linguas está en desigualdade fronte á outra. Para mudarmos esta parálise nese proceso de conquista da igualdade cómpre que as resistencias deban ser removidas pola cooperación necesaria doutras institucións públicas e operadores xurídicos Nada mudará se non hai vontades dispostas a modificaren a correlación de forzas.

A Irmandade Xurídica Galega (www.galeguizargalicia.gal) está a promover actividades para que as asesorías xurídicas dos concellos e deputacións se galeguicen, ao tempo que demanden naqueles casos nos que son parte do proceso xudicial o correlativo uso da lingua galega nas resolucións dos órganos xurisdicionais. É doado imaxinar os avances que se producirían na conquista dos dereitos lingüísticos se se actuase da maneira exposta. A Asesoría xurídica xeral da Xunta de Galicia as centrais sindicais e mesmo a cidadanía están convocadas a sumárense a este proceso galeguizador promovido pola Irmandade Xurídica Galega.

Os actos promovidos pola Irmandade Xurídica Galega en colaboración coas deputación de Lugo, Pontevedra e unha trintena de concellosterán continuidade con outros que se realizarán coas de Ourense e A Coruña.

Xa que as sentenzas xudiciais ditadas de oficio en galego son poucas, non queda outra saída que evitar ese bloqueo institucional que parece non ter fin solicitándoas a instancia de parte.

Xosé González preside a Irmandade Xurídica Galega.
González Martínez, Xosé
González Martínez, Xosé


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES