Comezaron os traballos de restauración dos frescos dos Vilares. Varios anos de demandas que acadaron os seus froitos. Estas xoias pictóricas chairegas do século XVI voltarán a ser disfrutadas no seu esplendor. O noso agradecemento a toda a xente dos Vilares, e a Viki Rivadulla (autora da imaxe reivindicativa), Antón Figueira (autor do spot), á Asociación #lareiradesoños, Sonia Engroba (historiadora museóloga) e Uxía Aguiar (autora do ante proxector e proxecto). Sen todXs elXs non sería posibel.
Unha demanda que chegou ao Parlamento Galego e que mesmo motivou entrevistas con outras institucións como o concello de Guitiriz, a Deputación de Lugo e o arzobispado, conferências na UFC, cartéis, dípticos, painéis na igrexa, un spot, unha iniciativa poética, e mesmo a inclusión das pinturas na "lista roja" de património do estado.
Nos próximos meses poderemos disfrutar novamente dunha pinturas únicas da autoría dos mestres de Parga e Nogueira que no século XVI creatina estas obras na nave central da igrexa con motivos paisaxísticos, a lamentavión do Cristo Morto, o enterro do Conde Orgaz, ou a imposición da Casillas de San Ildefonso (única desa temática en Galiza), todas elas de grande calidade artística de estilo gótico hispano flamenco.
Con está restauración, a igrexa de San Vicente dos Vilares será um grande reclamo para a visita aos Vilares', que coa recuperación dos cobertizos da Feira do Sete e a futura Casa da Xente de Xermolos onde nasceu Díaz Castro, farán dos Vilares un exemplo de aposta por unha nova vida para unha parroquia do rural chairego.