Fórmulas posibles
Cachaza Platas, Mercedes - jueves, 02 de febrero de 2023
A vida presenta moitas dificultades ás que convén poñerlles remedio.
Pode que Santa Teresa de Calcuta nos deaalgunhas pistas interesantes que poidan ofrecernos algunha luz no camiño da vida.
Ela di:
-NUNCA SE SABE O BEN QUE UN SORRISO PODE CHEGAR A FACER:
Estou recordando una recén casada que foiá leira co seu marido para arar unha terra aló polos anos sesenta do século pasado.
Ela chamaba as vacas e o seu marido araba co arado romano.
Se ve que o rego ía algo torto e o home inaugurou o matrimonio cunha bronca de categoría cara a súa amada, porque non guiaba dereito...
ELA, XIROUSE, CHOSCOULLE UN OLLO, SORRÍU E SEGUÍU POR ONDE ÍA
E aí acabou a cousa.
Esto contouno cincuenta e cinco anos despois.
¡Que sabedoría!
Un sorriso foi a solución.
-SE XULGAS Á XENTE, NON TÉS TEMPO PARA AMALA.
Somos moi dados a ve-los fallos nos outros e enseguida emitimos o noso xuizo.
Dedicamos tempo a xulgarás persoas en vez de ser empáticos con elas.
¿Sabemos por que se manifestan desa maneira?
¿Intentamos comprendelas?
-EU SOA NON PODO CAMBIA-LO MUNDO; PERO PODO TIRAR UNHA PEDRA Á AUGA PARA CREAR MOITAS ONDULACIÓNS.
Pois si que "tirou moitas pedras a auga", Santa a Teresa de Calcuta. Aliviou a vida de moitos e hoxe en día as súas irmás de relixión seguen "tirando pedras para producir ondulacións" polo mundo adiante...
-O AMOR É UNHA FROITA DE TEMPORADA EN TODO MOMENTO E Ó ALCANCE DE TÓDALAS MANS.
O amor está aí tódolos días do ano e tódolos anos da nosa vida para quen queira poñelo en práctica.
Non caduca nunca.
Así de fácil.
-DIFUNDE O AMOR ONDE QUERIA QUE VAIAS.
NON DEIXES QUE NINGUÉN SE ALONXE DE TI SEN SER UN POUCO MÁIS FELIZ.
Resulta moi gratificante cando conseguimos aliviar un pouco o peso que levan algunhas persoas sobre os seus ombreiros.
E máis aínda, cando alguén nos alivia a nós.
¡¡¡Toda una choiva de bendición só noso alcance!!!.
-A LEDICIA PROFUNDA DO CORAZÓN É COMO UN IMÁN QUE INDICA O CAMIÑO DA VIDA.
Esmerémonos en conseguir esa ledicia.
Hai persoas santas que a levan.
Son, persoas que se deixan iluminar pola gracia divina.
Nós tamén podemos conseguila se abrimos o corazón...
-HAI COUSAS QUE CHE ENCANTARÍA OÍLAS E QUE NUNCA ESCOITARÁS DAS PERSOAS QUE CHE GUSTARÍA QUE CHAS DIXERAN.
PERO NON SEXAS TAN XORDO/A PARA NO OÍLAS DESDE AQUEL QUE AS DI DESDE O SEU CORAZÓN.
Claro que nos gustaría oílas e non sempre é así.
Pero no mundo tamén hai moitas persoas agracecidas e nós tamén podemos ser se escoitamos a voz do corazón.
¡Felices as persoas de bo corazón!
-A FAME DE AMOR É MOITO MÁIS DIFÍCIL DE ELIMINAR QUE A FAME DE PAN.
Certamente.
¿Por qué hai tantas desavenencias nas familias?
A estreitura económica inflúe; pero donde hai amor, non hai fame porque se comparte o pouco que hai.
Donde hai fame, o que máis falta é o amor.
-A REVOLUCIÓN DO AMOR COMEZA CUN SORRISO.
SORRÍ CINCO VECES Ó DÍA A QUEN EN REALIDADE NON QUIXERAS SORRIR.
DEBES FACELO POLA PAZ.
Está claro que a Madre Teresa pon a paz por encima de todo.
Nós témolo que intentar porque coste o que coste, a paz é un ben supremo.
Dignas de admiración son as persoas que a consiguen.
Se elas poden, nós tamén.
-NUNCA ESTARÁS TAN OCUPADO COMO PARA NON PENSAR NOS DEMAIS
Nestes tempos nos que o aillamento é una triste realidade, Madre Teresa de Calcuta ten moito que dicirnos.
"SEGUIREMOS NA SÚA COMPAÑÍA"
Este será o título do seguinte artigo.
Moitas grazas por terme na súa consideración nesta ocasión.

Cachaza Platas, Mercedes
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora