Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo

miércoles, 01 de febrero de 2023
Máis morto que vivo

Saín da casa en forma de anuncio, cun cartel ben grande colgado dos ombreiros. No taboleiro de adiante escribira: Hai que cortar cabezas!. No taboleiro de atrás: Algún voluntario?
Tan axiña como entrei na Valenzá e a xente conseguiu ler o cartel, non me deixaron dar Pingas de Orballo nin dous pasos. Empezaron a mallar en min coma nun saco de millo, coma cando se degrañaba cunha tranca ou cun estadullo este produto nese saco. Sen compaixón ningunha. E berrando. E dando con todo o que tiñan a man. E unha e outra vez.
Rompéronme os pés polos nocellos e as pernas polos xeonllos. Partíronme os brazos á altura dos cóbados. Arrincáronme a lingua. Furáronme un ollo. Mordéronme unha orella. Esmagáronme o nariz. Machacáronme o fígado. Rilláronme as asaduras. Fendéronme a cabeza. E mesmo, malditos!, me chegaron a capar. Penso que tan só me quedou algo útil o corazón, que latexaba. Debilmente, pero, agora mesmo, aínda latexa.
Estou nunha cama do hospital medio morto. Por dicir algo. Co ollo que me quedou vexo, no fondo da habitación, o puto letreiro. Vexo a parte dianteira, a de que hai que cortar cabezas. Cando saia de aquí, vaia se as cortarei! E será sen voluntarios nin que rabo de peixe. Caerán de a feito e a esgalla. A vinganza será terrible. O problema será cando poderei empezar. Porque agora mesmo estou moito máis morto que vivo. Estou mallado e ben mallado. Puxéronme un espello diante e non me recoñecín. Puto letreiro!

Pingas de recordos

Seica nevou sobre Baños de Molgas. Eu deixo caer pingas de orballo sobre un papel en branco para dicir que, non sei se é verdade que xa non neva como nevaba, pero si lembro aqueles días, varios días, nos que as vacas non podían saír da corte porque o monte estaba cuberto de neve. Lembro aquela serra de San Mamede que ensinaba o seu manto branco e que, cando diminuía, cando desaparecía, o río Arnoia non era quen Pingas de Orballo de aguantar o estado líquido e ó chegar a Baños de Molgas non lle quedaba outra que asolagar a Pitediña, Os Campos, As Mestras, a Ansuíña e algunhas rúas.
A neve cubría durante días as leiras dos nabos; os que había que coller porque, as vacas, se non podían saír para o monte tiñan que comer igual a base de cubos de calda. Aínda que non houbera vacas, si había porcos ós que se alimentaban cos nabos cocidos no pote. Na collida dos nabos teño a imaxe do meu pai furgando na neve, por veces conxelada, para arrincar a carola, a cabeza do nabo. Non entendía como el conseguía collelos, cando eu nin tan sequera lograba estender por completo os dedos a causa do frío que sentía e tiña neles. E moito menos entendía como conseguía manipular no vencello ou na corda para apertar e atar o feixe dos nabos. Eu nin tan sequera levaba a cabo o facer medio nó en tal vencello ou corda. Os dedos non respondían. E doían.
Nevou sobre Baños de Molgas. Caeron pingas de recordos sobre un papel branco como a neve.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES