Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Violencia

lunes, 30 de enero de 2023
Vivimos a base de mortes. Frase rara pero real. Non hai un día no que, ó abrir o xornal, calquera periódico, case todo son noticias de mortes, secuestros, violacións, incluso auténticas aniquilacións. E isto case sen comentar para nada o das guerras. Que se violencia de xénero, que se atentados. Que se accidentes provocados...

A mellor proba está nas propias declaracións do presidente de Estados Unidos, ViolenciaJoe Biden, que empeza a pedir a prohibición das armas no seu país. Porque resulta que no que vai de ano, ou sexa, nun mes xa houbo 39 ataques que ocasionaron mortes ou feridos graves. Sae a máis dun ataque diario. E aínda que Xamaica non asome moito polos periódicos (polo menos a min non me soa ler nada sobre conflitos violentos aí), pois resulta que está considerado o país máis perigoso do mundo cunha taxa de homicidios do 44,95%. Iso é unha barbaridade! Un país con menos de tres millóns de habitantes, só no ano 2020 morreron de mala maneira 1.331 persoas.

A Xamaica séguenlle Venezuela, Lesoto, Honduras e seis países máis dos chamados "pequenos", ata chegar a un "grande", no posto 11: México. Nos pequenos, que semella que sería máis fácil convivir, pois nada, o tiro pola culata. Gústalles andar a partir as peras.

Non quería falar das guerras, que bastante temos xa coa de Ucraína, polo que representa e polo tempo que leva. Pero é que acabo de saber que nunha rexión de Etiopía duns seis millóns de habitantes houbo xa 600.000 mortos a causa dunha guerra que leva dous anos dálle que dálle. Como é alá, en África, nun país deses salvaxes, esa guerra como que non vai moito con nós, e por iso nin informamos nin a seguimos moito.

Nós seguimos a de Ucraína, que se desenvolve na nosa Europa e na que, por certo, cada vez empezamos a meternos máis e máis (non só España, senón diversos países desenvolvidos), facendo temer ás veces se por tanto andar polo medio uns e outros non estaremos iniciando xa unha nova guerra mundial. Oxalá erre. Pero primeiro os tanques, agora xa avións... non sei, non sei. O que si sei de verdade é o que dicía ó principio: que vivimos a base de mortes. E entre mortos, claro
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES