Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Capitais

lunes, 15 de diciembre de 2008
Galicia capital Santiago parece na actualidade unha verdade de Perogrullo porque calquera pequeño en idade de asistir a clases reguladas sería capaz de expresalo. Pero non sempre foi tan claro.

Quen menos claro o tivo sempre foi A Coruña, cidade en tempos definida como “cabeza, guarda y antemural del Reino de Galicia”, e que foi acumulando institucións como a Real Academia Galega, a Delegación do Goberno en Galicia ou o Tribunal Superior de Xustiza. A Coruña disputou moi fortemente a capitalidade a Santiago ata que se impuxo unha tese de consenso de que a cidade universitaria de Galicia, a capitalidade relixiosa, fose tamén a capitalidade administrativa e política.

Moi recentemente, o concello da Coruña tivo a idea de que podería ostentar esa cidade unha nova capitalidade, e abogou o seu alcalde porque fose a capital da Eurorrexión Galicia-norte de Portugal, capitalidade que sempre foi evidente ía radicar en Vigo por ser a cidade que por natureza, por estar entre as dúas grandes zonas que forman a eurorrexión e por dinamismo, tiña que ostentar ese rango especial de lugar desde onde se goberne unha ampla zona interestatal, chamada a representar algo moi especial na Unión europea, non só por ser o territorio situado máis ó oeste senón por ser un fisterra con significación especial nos eidos do turismo, da comunicación e da promoción industrial.

Ven de queda moi claro que a capital desa zona zona natural intermiñota vai ser a cidade de Vigo, tema que non é discutible, e no que o Presidente da Xunta ven de dicir a última palabra. Non é que A Coruña veña de perder unha batalla, porque ningunha guerra hai establecida entre as dúas cidades. Simplemente queda claro oficialmente algo que estaba moi claro para todos: A cidade raíña da rexión interfronteiriza que se artella arredor do Miño, é Vigo. Vigo, pois, capital. O demais, xa se verá.

Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania